Pliego é un concello español da Rexión de Murcia, situado na comarca do Río Mula. Tiña unha poboación de 3.937 habitantes en 2014.

Atópase a 308 metros sobre o nivel do mar e todo o municipio está rodeado polo de Mula. Está a 33 km da cidade de Murcia.

A economía local está baseada fundamentalmente na agricultura e gandaría. O seu maior cultivo son os froiteiros, destacando o albaricoqueiro, nas súas variedades de "búlida" e "real fino", moi apreciados polo seu sabor e calidade nos mercados estranxeiros, ségueno pexegueiros, amendoeiras e viñedos.

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web do concello

Categoría:Concellos da Rexión de Murcia