José Ramón Dacosta González, nado o 21 de setembro de 1974 en Ourense, é un exfutbolista galego que xogaba na demarcación de defensa.

Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo, xogando no filial entre 1993 e 1997 agás un ano que saíu cedido ao CD Ourense, onde xogou a moi bo nivel. Xa de volta en Vigo adestrou numerosas veces co primeiro equipo e chegou a debutar en Primeira División, porén ao final de tempada foi traspasado ao Deportivo Alavés.

No equipo vasco realizou unha gran tempada axudando ao equipo a ascender a Primeira, pero ao remate da tempada cambiou de equipo e fichou polo Hércules CF. Onde non tivo a continuidade que esperaba e non rematou a tempada, recalando no Cádiz CF, onde seguiu sen atopar o seu mellor fútbol.

No ano 2000 volveu ao CD Ourense onde xogou sete anos, ata que en 2007 ficha por outro equipo da cidade o Ponte Ourense CF. Na tempada 2008/09 xogou no CD Arenteiro e a tempada seguinte, a que sería o seu último ano coma xogador profesional, no AD Covadonga.

Unha vez retirado comezou a adestrar ao xuvenil do CD Arenteiro, chegando a dirixir o primeiro equipo.

Coa selección de fútbol No ano 2005 foi convocado pola selección de fútbol de Galicia para disputar un encontro amigábel ante o Uruguai no estadio de San Lázaro, o resultado foi de 3-2 para Galiza.

Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Futbolistas de Ourense Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do CD Ourense Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do Hércules CF Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores do Ponte Ourense CF Categoría:Xogadores do CD Arenteiro Categoría:Xogadores do AD Covadonga Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Adestradores do CD Arenteiro Categoría:Xogadores do CD Ourense internacionais coa selección de fútbol de Galicia