Comrat (en gagauzo: Komrat; en romanés: Comrat) é unha cidade e capital da rexión autónoma de Gagauzia, en Moldova. Sitúase no sur do país, no río Ialpug. En 2004, Comrat tiña unha poboación de 23,429 habitantes, dos cales a maioría é gagauzia.

O nome ten unha orixe túrquica.

Historia Comrat comezou cun asentamento no 1789, e recibiu privilexios de cidade en 1957. Durante un tempo, cando formaba parte da RSS de Moldova, a industria de Comrat baseábase na produción de manteiga, viño, etc... A Universidade de Comrat fundouse no 2002.

Poboación 1989: 25,800 (censo). 1991: 27,500 (estimado). 1996: 27,400 (estimado). 2004: 23,429 (censo). 2006: 22,369 (estimado). 2011: 24,135 (estimado).

Cidades irmandadas Istanbul, Turquía; Hendek, Turquía; Sapanca, Turquía; Kucukkuyu, Turquía; Isparta, Turquía; Lefkoşa, República Turca do Norte de Chipre; Tatlysu, Chipre; Moscova, Rusia; Grozny, Rusia; Bavly, Tatarstán, Rusia; Bolhrad, Ucraína; Budapest, Hungría.http://comrat.md/index.php?option=com_content&view=article&id=29&Itemid=116

Galería de imaxes

Notas

Categoría:Cidades de Moldova