miniatura|250px|Imaxe identificativa do taller de ebanistería. Gaspar Homar i Mezquida, nado en Bunyola (Mallorca) o 11 de setembro de 1870, e finado en Barcelona o 5 de xaneiro de 1953, foi un deseñador de mobles, ensemblier,Concepto que xorde contra o 1920 para definir a figura do artista que crea conxuntos decorativos (ensembles décoratifs). Gaspar Homar, tal com explica proxectaba non só os mobles, senón o decorado de muros e tellados de vidrieiras, as cortinaxes, as luces e as chemineas. e anticuario balear, considerado un dos representantes máis xenuínos do movemento modernista catalán no eido da decoración e da creación de mobles.

Os seus mobles, que poden ser considerados de autor, reflicten o benestar e as aspiracións da puxante burguesía e distínguense polo emprego de madeiras nobres e custo elevado e polos traballos en marquetería e talla, onde contou coa colaboración de destacados artistas como Josep Pey, Sebastià Junyent ou Joan Carreras i Farré. Cunha forte personalidade, a obra de Gaspar Homar está relacionada coa dos mellores artistas da época, como Eugène Gaillard, Hector Guimard ou William Morris e reinterpreta dende unha ollada moi particular, a influencia da Secesión de Viena e da Escola de Glasgow. Participou e obtivo medalla nas exposicións de Londres, Madrid e Barcelona (1907), na hispano-francesa de Zaragoza (1908) e na Internacional do Comfort Moderno de París (1909), e foi membro do xurado da Exposición Internacional de Venecia (1908).

Notas

Categoría:Nados en Mallorca Categoría:Nados en 1870 Categoría:Finados en 1953