Brenda Fricker, nada en Dublín o 17 de febreiro de 1945 e finada na mesma cidade o 16 de xullo de 2026, foi unha actriz irlandesa.
Traxectoria Fricker naceu en Dublín, filla de Bina Murphy, profesora en Stratford College, e Desmond Frederick Fricker, traballador do Departamento de Agricultura e xornalista de The Irish Times.
De adolescente quixo seguir os pasos do seu pai no xornalismo. Antes de converterse en actriz foi axudante do editor de arte de Irish Times, coa esperanza de chegar a ser reporteira. Aos dezanove anos fíxose actriz "por casualidade", debutando nun pequeno papel sen acreditar en Of Human Bondage (1964), baseado na novela homónima de W. Somerset Maugham. Tamén apareceu en Tolka Row, primeira telenovela irlandesa.
En 1977 interpretou unha enfermeira na serie Coronation St e fíxose popular no Reino Unido por outro papel de enfermeira, Megan Roach no drama da BBC One Casualty, papel que abandonou en decembro de 1990 tras 65 episodios.
Fricker acadou gran recoñecemento internacional en 1989 cando gañou o Oscar á mellor actriz secundaria por interpretar a nai de Christy Brown en O meu pé esquerdo. Volveu traballar co director Jim Sheridan en The Field (1990). Tras estes filmes continuou o seu traballo na televisión e participou en filmes de Hollywood, como Home Alone 2: Lost in New York.
En xullo do 2014 retirouse da interpretación.
Filmografía Ano Título Personaxe Notas 1964 Of Human Bondage uncredited 1969 Sinful Davey sen acreditar 1978-79 The Quatermass Conclusion Alison Thorpe Serie de televisión 1979 The Music Machine Mrs. Pearson 1980 Bloody Kids Nurse 1982 The Ballroom of Romance Bridie 1985 The Woman Who Married Clark Gable Mary 1986-90,1998, 2007,2010 Casualty Megan Roach Serie de televisión 1989 My Left Foot Mrs. Brown 1990 The Field Maggie McCabe 1991 Brides of Christ Sister Agnes 1992 The Sound and the Silence Eliza Serie de televisión 1992 Utz Marta 1992 Seekers Stella Hazard Serie de televisión 1992 Home Alone 2: Lost in New York Central Park Pigeon Woman 1993 So I Married an Axe Murderer May Mackenzie1993 Deadly Advice Iris Greenwood 1994 A Man of No Importance Lily Byrne 1994 Angels in the Outfield Maggie Nelson 1995 Journey Lottie Telefilme 1996 Moll Flanders Mrs. Mazzawatti 1996 Tempo de matar Ethel Twitty 1996 Swann Rose Hindmarch 1997 Masterminds Principal Claire Maloney 1998 Painted Angels Annie Ryan 1998 Resurrection Man Dorcas Kelly 1998 Pete's Meteor Lily 1999 Resurrection Nai de Clare Remake para televisión do filme de 1980 1999 Durango Aunt Maeve 2000 Cupid & Cate Willie Hendley 2001 The War Bride Betty 2002 The Intended Mrs. Jones 2003 Conspiracy of Silence Annie McLaughlin 2003 Veronica Guerin Bernadette "Bernie" Guerin 2003 Watermelon Teresa Ryan 2004 Trauma Petra 2004 Omagh Police Ombudsman Nuala O'Loan Telefilme 2004 Call Me: The Rise and Fall of Heidi Fleiss Madame Alex Telefilme 2004 Inside I'm Dancing Eileen 2004 Razor Fish Molly 2005 Milk Nan 2005 Tara Road Mona 2007 How About You 2007Closing the RingGrandma Reilly 2008 Stone of Destiny 2008 Beautiful People Narg Episodio: "How I Got My Beads" 2010 Locked In Joan 2011 Cloudburst Dot 2011 Albert NobbsPolly 2013 A Long Way from Home Brenda 2013 Forgive Me Mrs. Smith
Notas
Categoría:Actores de Irlanda Categoría:Nados en Dublín Categoría:Nados en 1945
Categoría:Finados en 2026