Atom Yeghoyan (en armenio Աթոմ Եղոյեան), coñecido como Atom Egoyan, nado no Cairo (Exipto) o 19 de xullo de 1960 é un director teatral e cinematográfico canadense.

Traxectoria Egoyan naceu no Cairo de pais armenios, artistas que tiñan unha tenda de mobles.http://www.filmreference.com/film/5/Atom-Egoyan.html O seu nome, Atom, vén por coincidir coa finalización do primeiro reactor nuclear exipcio. En 1962, cando tiña dous anos, os seus pais deixaron Exipto polo Canadá, establecéndose en Victoria, Columbia Británica, e cambiando o seu apelido por Egoyan. Egoyan comezou a estudar a cultura armenia na Universidade de Toronto.Entrevista con Eleanor Wachtel no programaIdeas en CBC Radio One o 9 de febreiro de 2010. http://www.cbc.ca/ideas/. Consultado o 14 de febreiro de 2010.

Dirixiu na súa carreira varias longametraxes, capítulos de series de televisión e curtametraxes. Debutou no cinema en 1984 con "Next of Kin" e conseguiu recoñecemento internacional co seu filme Exotica (1994). O seu primeiro filme baseado en material alleo foi The Sweet Hereafter (1997), que lle valeu candidaturas ao Oscar como mellor director e mellor guión adaptado.

Filmografía Longametraxe Ano Filme Notas 1984 Next of Kin 1987 Family Viewing 1989 Speaking Parts 1991 The Adjuster 1993 Calendar 1994 Exotica 1997 The Sweet Hereafter 1999 Felicia's Journey 2002 Ararat 2005 Where the Truth Lies 2008 Adoration 2009 Chloe 2013 Devil's Knot 2014 The Captive 2015 Remember

Telefilmes In This Corner (1985) Gross Misconduct (1993) Sarabande (1997) Krapp's Last Tape (2000)

Curtametraxes Howard in Particular (1979) After Grad with Dad (1980) Peep Show (1981) Open House (1982) Men: A Passion Playground (1985) Looking for Nothing (1988) Montreal Stories (Montréal vu par...) (1991) segmento: En passant (In Passing) A Portrait of Arshile (1995) The Line (2000) Diaspora (2001) Chacun son cinéma / To Each His Own Cinema (2007) segmento: Artaud Double Bill

Documentais Citadel (2003)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ego Film Arts – páxina oficial Atom Egoyan na European Graduate School

Discusión sobre o filme Calendar, por Ron Burnett Atom Egoyan en Virtual-History

Categoría:Directores de cinema do Canadá Categoría:Nados no Cairo Categoría:Nados en 1960 Categoría:Guionistas do Canadá Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Toronto