miniatura|300px|dereita|Trofalaxia nas formigas de Asia e Australia Oecophylla smaragdina. miniatura|Trofalaxia nas formigas Camponotus sp. A trofalaxia ou trofalaxe (/ks/) é a transferencia de comida ou outros fluídos entre membros dunha comunidade xa sexa por medio dunha alimentación boca a boca (estomodeal) ou ano-boca (proctodeal). Está máis amplamente desenvolvida nos insectos sociais como as formigas, térmites, avespas e abellas. A palabra foi introducida polo entomólogo William Morton Wheeler en 1918. Este comportamento foi utilizado no pasado como apoio de teorías sobre a orixe da socialidade nos insectos. O psicólogo e entomólogo suízo August Forel tamén cre que a compartición de comida foi a clave da sociedade das formigas e utilizou unha ilustración diso como portada para o seu libro The Social World of the Ants Compared with that of Man (O mundo social das formigas comparado co do home).

En formigas como a formiga de fogo (Solenopsis invicta) os membros individuias das colonias almacenan alimento nos seus boches e intercambiano regularmente con outros membros da colonia e larvas para formar unha sorte de "estómago comunal" de toda a colonia. Nas térmites e cascudas, a trofalaxia proctodeal é esencial para recuperar os microorganismos endosimbiontes do aparato dixestivo que se perden despois de cada muda. Isto non debería confundirse coa coprofaxia.

Moitas avespas, como Protopolybia exigua e Belonogaster petiolata, mostran un comportamento de alimentación no que os adultos realizan a trofalaxia con outros adultos e coas larvas.Rocha, AA, and Carlos Costa Bichara Filho. "Resources Taken to the Nest by Protopolybia Exigua (Hymenoptera, Vespidae) in Different Phases of the Colony Cycle, in a Region of the Medio Sao Fransisco River, Bahia, Brazil."Sociobiology54.2 (2009): 439-56. Print.Keeping, Malcolm G. "Social Behavior and Brood Decline in Reproductive-phase Colonies OfBelonogaster Petiolata(Degeer) (Hymenoptera: Vespidae)." Journal of Insect Behavior 10.2 (1997): 265-78. Web. 20 Sept. 2014.

Ademais, as avespas Vespula austriaca tamén realizan a trofalaxia cos seus obreiros hóspedes para obter nutrientes.

Algúns vertebrados, como algunhas especies de aves, lobos grises, e vampiros tamén alimentan as súas crías dun modo similar á trofalaxia.

A trofalaxia serve como un medio para a comunicación polo menos nas abellas e formigas. Nalgunhas especies de formigas, pode xogar un papel no espallamento do olor da colonia que identifica aos seus membros.

Notas

Véxase tamén Formigas Regurxitación (dixestión) Superorganismo

Categoría:Termos zoolóxicos