Juan José Blanco Riveiro, nado no Brasil o 12 de xaneiro de 1980, é un político galego do BNG.
Traxectoria Piloto aeronáutico. Estableceu a súa residencia en Mazaricos en 2004. É un dos responsables do centro de turismo activo Naturmaz. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do BNG en Mazaricos que obtivo catro concelleiros. Volveu ser cabeza de lista nas municipais de 2011 logrando tres concelleiros. Foi deputado provincial dende febreiro de 2014 ata a fin do mandato, trala renuncia de Xosé Lois Piñeiro. Nas municipais de 2015 volveu encabezar a candidatura e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 2019 e 2023 volveu consegui-la alcaldía con maioría absoluta.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Mazaricos
Ligazóns externas Entrevista en Radio Xallas
Categoría:Alcaldes de Mazaricos Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados no Brasil Categoría:Políticos do BNG