San Gregorio da Corredoira é unha parroquia do concello de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 127 habitantes (64 homes e 63 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación co ano 2005 cando tiña 166 habitantes.
Topónimo O topónimo A Corredoira fai referencia a un camiño para carros.
Patrimonio Na parroquia está o Foxo do Lobo, os restos dun foxo de lobo feito para acantoar os lobos. Tamén se atopa nesta parroquia a carballeira de Don Elías, ó pé do monte Coirego. Desde este cumio, a 774 metros de altitude, vense as rías de Vigo, Pontevedra e Arousa.
Festas A mediados de xuño ten lugar a festa do requeixo.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares da Corredoira
Parroquias de Cerdedo Cotobade
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cerdedo Cotobade
Categoría:Parroquias de Cerdedo Cotobade Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Gregorio Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía