Santa María de Sacos é unha parroquia do concello de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 244 habitantes (111 homes e 133 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto ó 2005, cando tiña 281 habitantes.

Xeografía A parroquia sitúase na beira sur do val do río Lérez, á altura do seu curso medio. Pola parroquia discorre a estrada N-541 Ourense-Pontevedra.

Patrimonio A súa igrexa parroquial é un templo dunha soa nave cunha ábsida rectangular, que conserva elementos do románico tardío ou protogótico. Os perpiaños moi irregulares distribúense en fiadas dando como resultado, pola contra, uns paramentos ben rematados. Segundo Bango Torviso o estilo do beiril da ábsida, principalmente, indica un estilo de orixe ourensán, da zona de Oseira ou Terra do Carballiño, de finais do último terzo do século XII.

Hai dúas capelas no Cádavo e en Dorna, e no leste da parroquia consérvanse os restos da capela de San Lourenzo, restaurados en 2010. Amais, hai dous petróglifos, unha mámoa e dous cruceiros.

Historia A carón da Ponte do Barco, nunha gabia da estrada de Ourense a Pontevedra, foron paseados e asasinados o 13 de agosto de 1936 Francisco Arca Valiñas e Secundino Bugallo Iglesias, traballadores de Figueiroa e militantes da CNT.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Santa María de Sacos

Parroquias de Cerdedo Cotobade

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos

Lugares de Cerdedo Cotobade

Categoría:Parroquias de Cerdedo Cotobade Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María