San Martiño de Barcia de Mera é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o IGE en 2014 tiña 360 habitantes (169 homes e 191 mulleres), 157 menos ca en 2004 e 247 menos ca en 1999. É unha das parroquias con máis habitantes do concello.
Información miniatura|250px|Porta da reitoral de Barcia de Mera, fotografía de Vida Gallega, 1921. O río Alén sepáraa do concello limítrofe de Mondariz.
O lugar de San Xoán do Mosteiro debe ao seu nome a un antigo mosteiro xa desaparecido, onde probablemente estivo a primitiva igrexa ou capela parroquial até que foi trasladada ao lugar actual. Nese lugar consérvase unha capela construída pola Santa Inquisición e unha ponte medieval ben conservada. Atravesa o lugar un camiño a carón do cal está a Fonte Santa, de augas moi apreciadas que manteñen a mesma temperatura ao longo das estacións.
O conxunto abacial de San Martiño de Barcia de Mera, formado pola igrexa, o adro e casa reitoral de estilo barroco, foi declarado Ben de Interese Cultural en 2026. O pazo abacial ten influencia de culturas precolombianas. Recentemente realizouse unha rehabilitación parcial da igrexa.
Na gastronomía son salientábeis os seus viños, igual que a veciña parroquia de Casteláns, que sobresaen polo seu sabor a froita coas características propias do condado.
Barcia de Mera na cultura popular Terra por terra, Barcia de Mera; mellor por mellor, val de Miñor.
Demografía +AnoHomesMulleresTotal2015169194363201616118534620171591803392018158175333
Lugares e parroquias Lugares de Barcia de Mera
Parroquias de Covelo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Covelo
Categoría:Parroquias de Covelo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño