O Voivodato de Smoleńsk (en ) foi unha división administrativa do Gran Ducado de Lituania creada en 1508 como reorganización do principado homónimo. Entre 1514 e 1611 pertenceu só nominalmente a Lituania, xa que achábase baixo o dominio do Gran Ducado de Moscova; foi recuperado en 1611 mais perdido novamente de xeito definitivo en 1686, aínda que mantívose titularmente até a segunda partición de Polonia en 1793.

O voivodato estaba dividido nos condados de Smoleńsk e Starodub. Véxase tamén

Organización territorial do Gran Ducado de Lituania

Smolensk