José Antonio Ucha Velo, nado en Santa Comba o 24 de decembro de 1968, é un político galego.

Traxectoria Licenciado en Empresariais pola UDC e en Dereito pola USC. Nas eleccións municipais de 2003 foi o número 2 da candidatura socialista en Santa Comba e foi elixido concelleiro e portavoz municipal. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Santa Comba e foi elixido alcalde grazas ao apoio dos concelleiros de IxS (Independientes por Santa Comba) e TEXA (Terra de Xallas). Foi substituído o 25 de febreiro de 2008 por Miguel Pérez Fernández (Independientes por Santa Comba) tras unha moción de censura que contou co apoio do PPdeG. Nas municipais de 2011 encabezou de novo a candidatura socialista e pasou de 2 a 5 concelleiros, sendo a segunda forza máis votada e logrando o mellor resultado ata entón dos socialistas nunhas municipais na localidade, mais o PPdeG mantivo a alcaldía ao contar co apoio dos Independentes do ata entón alcalde. Nas municipais de 2015 volveu encabezar a candidatura do PSdeG e logrou a primeira vitoria desta formación no concello, logrando a alcaldía como cabeza da lista maioritaria e conformando un goberno cos concelleiros de TEGAJosé Antonio Ucha:"Imos a facer as cousas ben". Trala ruptura do pacto en novembro de 2015, en maio de 2016 TEGA apoiou ao Partido Popular nunha moción de censura que o botou da alcaldía A popular María José Pose é a nova alcaldesa de Santa Comba.

Nas municipais de 2019 logrou un empate a 6 concelleiros co PPdeG, logrando estes máis votos pese a mellorar os socialistas o seu nivel de apoio. O edil de Compromiso por Galicia, David Barbeira, foi o árbitro da situación e negárase en campaña a pactar con ninguén, pero os socialistas chegaron a un acordo investilo alcalde e rotarse 2 anos na alcaldíaCompromiso por Galicia logra la alcaldía de Santa Comba con un solo concejal. Porén, e pese a formar parte do mesmo goberno, as malas relacións entre Barbeira e Ucha levaron á negativa do primeiro de cederlle a alcaldía ó segundo en xuño de 2021. Ante isto, Ucha e outra concelleira socialista optaron por apoiar unha moción de censura que levou á alcaldía á candidata do PPdeG María PoseEl PP de Santa Comba encabeza una moción de censura promovida por el PSOE. A manobra, foi desautorizada polo partido e ambos dous concelleiros foron expulsados da formación. Desta forma, Ucha optou por presentarse ás municipais de 2023 encabezando a formación Espazo ComúnEl exedil del PSOE en Santa Comba, José Antonio Ucha Velo, será candidato por Espazo Común, á fronte da cal non logrou representación.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Santa Comba

Categoría:Alcaldes de Santa Comba Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes