Ángel Alvariño Saavedra, nado en Neda o 4 de setembro de 1966, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Dirixente do sindicato Unións Agrarias. En 1995 e 1999 foi candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Santa Comba logrando 1 e 2 concelleiros, respectivamente, polo que se situou na oposición. Nas eleccións municipais de 2011 foi candidato á alcaldía de Neda polo PSdeG-PSOE logrando catro concelleiros, sendo a principal forza da oposición. Nas municipais de 2015 volveu encabezar a candidatura do PSdeG e logrou a vitoria con 5 concelleiros, sendo elixido alcalde co apoio de BNG e Converxencia Galega. Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía cunha ampla maioría absoluta que mantivo nas eleccións de 2023.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Neda

Ligazóns externas Entrevista

Categoría:Alcaldes de Neda Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Neda Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes