Gonzalo Aguiar Martínez, nado en Vigo o 11 de abril de 1966, é un ex-ciclista galego. miniatura|A cidade de Vigo ós seus atletas.

Traxectoria Iniciouse no ciclocross, e en 1988 gañou o campionato de España afeccionado. Nese mesmo ano participou nos Xogos Olímpicos de Seúl, converténdose no primeiro ciclista galego en participar nunhas olimpíadas. Rematou no posto 80 na proba de ciclismo en ruta.

Gañou a Volta a Ourense, a Vuelta a Zamora e a Vuelta a Sedavi. Deixou o ciclismo profesional para pasar a correr no equipo Augas de Mondariz. Tras retirarse montou unha tenda de bicicletas na súa cidade natal.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Ciclistas olímpicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 1988