miniatura|215px|Samariscus longimanus. A dos samáridos (Samaridae) é unha familia de peixes osteíctios da orde dos pleuronectiformes e suborde dos pleuronectoideos que abrangue pequenos peixes planos propios das augas da rexión Indo-Pacífica.

Antigamente foron clasificados como unha subfamilia da familia dos pleuronéctidos.

A familia comprende tan só tres xéneros, cun total de case 30 especies.

Características Son peixes de pequeno tamaño, e só unhas poucas especies alcanzan os 15 cm de lonxitude.Especies da familia dos samáridos en FishBase.

As súas principais características son:Samaridae. Crested flounders en FishBase. Como todos os peixes planos teñen o corpo moi aplanado lateralmente e asimétrico, con ambos os ollos nun lado do corpo, chamado ocular ou pigmantado, mentres que o outro lado é o clamado lado cego. Nas especies desta familia o lado ocular é o dereito. Os raios da aleta dorsal son moi alongados, e a miúdo son libres. A orixe desta aleta está diante dos ollos.A liña lateral pode estar ben desenvolvida ou presentarse moi reducida. As aletas pelvianas están ben desenvolvidas en ambos os lados do corpo, e son simétricas. Hábitat e distribución Os samáridos so endémicos das rexións tropicais e subtropicais das augas da rexión Indo-Pacífica. Viven xeralmente en augas profundas, sobre todo sobre fondos brandos do nivel circalitoral.

Taxonomía A familia foi descrita por primeira vez polos ictiólogos estadounidenses David Starr Jordan e David Kopp Goss.Samaridae Jordan & Goss, 1889 no WoRMS.

Clasificación Na actualidade recoñécense na familia os seguintes tres xéneros:Samaridae no SIIT.

Plagiopsetta Franz, 1910 Samaris Gray, 1831 Samariscus Gilbert, 1905

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos Teleósteos Pleuronectiformes

Ligazóns externas Samaridae. Crested flounders na ADW. Samaridae. Crested flounders na EOL. Contén informacións, numerosas imaxes e mapas de distribuución.

Categoría:Pleuronectiformes