San Xiao de Arnois é unha parroquia situada no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2012 tiña 389 habitantes (187 mulleres e 202 homes), o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 592 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 218 persoas.
Xeografía Limita ao norte coa parroquia de San Miguel de Castro (separada polo regato de Eileixido), ao sur con Riobó e Berres (separadas polo río Boo), ao leste Oca (co regato da Grela por medio) e ao oeste o río Ulla.
Dista da Estrada uns 13 km. Pasan por Arnois a estrada N-525 (Santiago a Ourense) e a provincial de Callobre á Ponte Ledesma. As demais vías consisten en camiños veciñais e as pontes Ulla e Eileixido.
Etimoloxía O topónimo Arnois, ao igual que outros como Arnoia, Arnela ou Arnego, poderían proceder da raíz preindoeuropea *arn, que viría indicando a situación da poboación nun val ou depresiónCabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 46. Ed. Xerais, Vigo 1992.
Patrimonio San Xiao de Arnois, data do século XIII. Muíños na Tenencia da Veiga. Sobreira de Valboa, é considerada a primeira sobreira de Galicia pola súa antigüidade e polas súas dimensións. Tense constancia dela xa no século XVI, como pertencente á casa da Vila dos Hórreos.
Festas Festa de Santa Paderna. Ten lugar o domingo seguinte ao 19 de outubro. Recibe a centos de devotos ofrecidos que acoden á celebración para curar os “males estraños”. As festas patronais, na honra de San Xiao, celébranse o 7 de xaneiro; a Concepción en maio; o Santísimo en xuño. As Neves celébrase o 5 de agosto na Capela da Nosa Señora das Neves, no lugar dos Hórreos.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Arnois
Parroquias da Estrada
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares da Estrada
Categoría:Parroquias da Estrada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xiao Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía