San Martiño de Callobre é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 tiña 426 habitantes (239 mulleres e 187 homes), distribuídos en 12 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 667 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 372 persoas.

Xeografía A Fervenza de Callobre atópase no río Liñares, formando un singular espazo natural.

A Sobreira de Valiñas é unha sobreira centenaria de grandes dimensións. Pertence ao Pazo do mesmo nome.

Patrimonio A Casa de Valiñas, no lugar de Vilar, preto do río Liñares, pertenceu aos Figueroa Bermúdez. Destaca a cheminea e entre as dependencias, un hórreo e unha capela.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Callobre

Parroquias da Estrada

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares da Estrada

Categoría:Parroquias da Estrada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño