A Consellería de Facenda e Administración Pública é o órgano da Xunta de Galicia encargado da preparación e xestión dos orzamentos de Galicia e da recadación de impostos. O seu titular actual é Miguel Corgos López-Prado. Historia A consellería de Facenda recibiu ese nome dende abril de 2009, co goberno de Alberto Núñez Feijóo. Ese nome tamén o levara entre marzo e setembro de 1983. Anteriormente fora denominada consellería de Economía e Finanzas ou tamén como Economía e Facenda, e integraba tamén as competencias en promoción económica. Durante un determinado período entre 1983 e 1984 ocuparase tamén das competencias sobre comercio.

Conselleiros Carlos Otero Díaz (1981-1983) - Consellería de Economía e Finanzas, e despois consellería de Facenda. Carlos Mella (1983-1984) - Consellería de Economía, Facenda e Comercio. Xaime Trebolle (1984-1986) Ángel Mario Carreño (1986-1986) Xosé Antón Orza (1985-1986) Carlos Otero Díaz (1986-1987) Fernando Salgado García (1987-1989) Xosé Antón Orza (1989-2005) Xosé Ramón Fernández Antonio (2005-2009) Marta Fernández Currás (2009-2011) - Consellería de Facenda. Elena Muñoz (2012-2015) Valeriano Martínez García (2015-2021) Miguel Corgos López-Prado (2021-...)

Estrutura interna Secretarías e direccións xerais Ademais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, que neste caso particular se denomina secretaría xeral e do patrimonio (ocupada a partir de xaneiro de 2012 por Socorro Martín Hierro, a consellería de Facenda conta coas seguintes direccións xerais: Intervención xeral: Almudena Chacón (con rango de dirección xeral) Dirección xeral de Orzamentos: Miguel Corgos López-Prado Dirección xeral de Tributos: Carlos Enrique Rodríguez Sánchez Dirección xeral de Planificación e fondos: Francisco Javier Rodríguez Seijo Dirección xeral de Función pública: José María Barreiro Díaz Dirección xeral de Política financeira e Tesouro: Eugenio García Lalinde

Outros organismos dependentes Instituto Galego de Estatística. Tribunal Galego de Defensa da Competencia Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable Consello Económico e Social

Véxase tamén Ligazóns externas Consellaría de Economía e Facenda

Facenda