Exipto (en árabe: مصر, Miṣr; en Maṣr; en Khēmi), oficialmente República Árabe de Exipto (en árabe: جمهورية مصر العربية, Ǧumhūriyyat Miṣr al-ʿArabiyyah), é un estado situado no nordeste de África e na península do Sinaí no continente de Asia. Limita ó norte co mar Mediterráneo e Israel, ó leste co Mar Vermello (incluído o seu saínte norte do Golfo de Acaba), ó sur co Sudán e ó oeste con Libia. A súa xeografía é desértica na case totalidade, que corresponde co deserto do Sáhara, onde só está habitado en oasis. A súa capital é a cidade do Cairo, unha das máis poboadas de África.
Exipto ten unha das historias máis antigas entre os países do mundo, cuxa orixe se remonta ós milenios VI e IV a.C. Considerada un berce da civilización, o Antigo Exipto experimentou algunhas das máis antigas formas de escrita, agricultura, urbanización, relixión organizada e goberno central. Monumentos icónicos como as pirámides de Gizeh e a súa Grande Esfinxe, así como as ruínas de Menfis, Tebas, Karnak e o Val dos Reis, reflicten este legado e manteñen un significativo foco de interese científico e popular. A gran e rica herdanza cultural de Exipto é unha parte integral da súa identidade nacional, que padeceu, e ás veces asimilou, varias influencias estranxeiras, como os gregos, persas, romanos, árabes, turcos otománs e nubios. Exipto foi un importante e temperán centro do cristianismo, mais foi amplamente islamizado no século VII e mantense como un país amplamente musulmán aínda que cunha significativa minoría cristiá.
Dende o século XVI até comezos do XX, Exipto foi gobernado por potencias coloniais estranxeiras, o Imperio Otomán e o Imperio Británico. O Exipto moderno data do ano 1922, cando conseguiu a súa independencia do Imperio Británico como unha monarquía. Porén, a ocupación militar británica continuou, co cal moitos exipcios creron que a monarquía era un instrumento do colonialismo británico. Despois da revolución de 1952, Exipto expulsou os soldados e burócratas británicos e rematou coa ocupación, nacionalizou o Canal de Suez, exiliou o rei Farouk e a súa familia, e declarou a república. En 1958, uniuse con Siria para formar a República Árabe Unida, que se disvolveu en 1961. Ó longo da segunda metade do século XX, Exipto sufriu conflitos sociais, relixiosos e inestabilidade política, loitando en varios enfrontamentos armados con Israel en 1948, 1956, 1967 e 1973, e ocupando a Franxa de Gaza de xeito intermitente até 1967. En 1978, Exipto asinou os Acordos de Camp David, retirándose oficialmente da Franxa de Gaza e recoñecendo o estado de Israel. O país segue afrontando retos, como a inestabilidade política, incluíndo a recente revolución de 2011 e as súas consecuencias, o terrorismo e o subdesenvolvemento económico. O goberno actual de Exipto é unha república presidencial liderada polo presidente Abdul Fatah al-Sisi, que foi descrito por numerosos observadores como autoritario.
O islam é a relixión oficial de Exipto e o árabe é a súa lingua oficial. Con máis de 95 millóns de habitantes, Exipto é o país máis poboado do Norte de África, de Oriente Medio e do Mundo árabe, sendo o terceiro máis poboado de África (despois de Nixeria e Etiopía), e o décimo quinto do mundo. A gran maioría da poboación vive preto das beiras do río Nilo, nunha área de 40 000 km² onde se atopa a única terra arable. As grandes rexións do deserto do Sáhara, que constitúen a maioría do territorio exipcio, están escasamente poboadas. Arredor da metade dos cidadáns exipcios habitan en áreas urbanas, especialmente nos centros densamente poboados do Cairo, Alexandría e outras grandes cidades do delta do Nilo.
O estado soberano de Exipto é un país transcontinental considerado como unha potencia rexional no Norte de África, no Oriente Medio e no Mundo árabe, así como unha potencia intermedia no contexto mundial. A economía de Exipto é unha das meirades e das máis diversificadas de Oriente Medio, e crese que será unha das maiores do mundo ó longo do século XXI. En 2016, Exipto superou a Suráfrica e converteuse na segunda maior economía de África (despois de Nixeria). Exipto é membro fundador das Nacións Unidas, do Movemento de Países Non Aliñados, da Liga Árabe, da Unión Africana e da Organización para a Cooperación Islámica.
Nomes O nome galego do país, "Exipto", deriva do grego antigo "" (""), a través do latín "". Aparece nas táboas de Lineal B do grego micénico como "a-ku-pi-ti-yo". O adxectivo "aigýpti-"/"aigýptios" pasou ó copto como "", e del ó árabe como "", onde xorde o termo "copto". As formas gregas proceden do exipcio tardío (Amarna) Hikuptah "Memphis", unha corrupción do nome exipcio O6-t:pr-D28-Z1-p:t-H (), que quere dicir "fogar da ka (alma) de Ptah", o nome do templo do deus Ptah en Menfis.
"" (mesˤɾ; "") é o nome clásico árabe e a forma moderna oficial do nome de Exipto, mentres que "" (mɑsˤɾ; ) é a pronunciación local en árabe exipcio. O nome ten orixe semítica, sendo un cognado con outras palabras semíticas para Exipto como o hebreo "מִצְרַיִם" (""). O rexistro máis antigo para este nome de Exipto é o acadio "mi-iṣ-ru" ("miṣru")p. 128) and Nadav Na’aman ("Shaaraim – The Gateway to the Kingdom of Judah" in The Journal of Hebrew Scriptures, Vol. 8 (2008), article no. 24 , pp. 2–3). que está relacionado con miṣru/miṣirru/miṣaru, que quere dicir "límite" ou "fronteira".
O nome en exipcio antigo para o país era km-m-t:O49 , que quere dicir terra negra, en referencia ós solos fértiles negros produto dos asolagamentos do Nilo, o cal difire de deshret (), ou "terra vermella" do deserto. Este nome é frecuentemente pronunciado como Kemet, pero o máis probable é que fose pronunciado en exipcio antigo.Antonio Loprieno, "Egyptian and Coptic Phonology", in Phonologies of Asia and Africa (including the Caucasus). Vol 1 of 2. Ed: Alan S Kaye. Winona Lake, Indiana: Eisenbrauns, 1997: p. 449 O nome evolucionou como e na fase copta da lingua exipcia, e aparece no grego antigo como (). Outro nome foi "terra da ribeira". Os nomes do Alto e Baixo Exipto foron Ta-Sheme'aw () "terra de xunqueiras" e Ta-Mehew () "terra do norte", respectivamente.
Historia
Prehistoria e Antigo Exipto
miniatura|dereita|Ruínas do Templo de Derr en 1960.
Hai evidencias de gravados rupestres ao longo das socalcos do Nilo e en oasis desérticos. No X milenio a. C., unha cultura de cazadores-recolectores e pescadores foi substituída por unha cultura de moenda de grans. Os cambios climáticos ou o sobrepastoreo, arredor do ano 8000 a. C., comezaron a desecar as terras pastorais de Exipto, formando o Sáhara. Os primeiros pobos tribais migraron ao río Nilo, onde desenvolveron unha economía agrícola asentada e unha sociedade máis centralizada.Midant-Reynes, Béatrix. The Prehistory of Egypt: From the First Egyptians to the First Kings. Oxford: Blackwell Publishers.
Arredor do ano 6000 a. C., unha cultura neolítica arraigou no val do Nilo. Durante o neolítico, desenvolvéronsevarias culturas predinásticas de forma independente no Alto e Baixo Exipto. A cultura badariana e a súa ucesora de Naqada considéranse xeralmente precursoras do Exipto dinástico. O sitio máis antigo coñecido do Baixo Exipto, Merimda, é anterior ao período badariano uns setecentos anos. As comunidades contemporáneas do Baixo Exipto coexistiron coas súas homólogas do sur durante máis de dous mil anos, manténdose culturalmente distintas, pero mantendo un contacto frecuente a través do comercio. As primeiras evidencias coñecidas de inscricións xeroglíficas exipcias apareceron durante o período predinástico en vasos de cerámica de Naqada III, datados arredor do ano 3200 a. C.
Política
Exipto é unha república unitaria e presidencialista cuxo presidente, como xefe de Estado e comandante supremo das forzas armadas do país, representa ao poder executivo elixido mediante plebiscito popular para un período de seis anos. Non había límite constitucional respecto á cantidade de mandatos consecutivos dun presidente.
Exipto foi o primeiro país árabe en establecer a paz con Israel despois da sinatura dos acordos de Camp David. miniatura|220px|Mapa de Exipto. Nome oficial: República Árabe de Exipto Sistema legal: baseado na Constitución de 1971. Lexislación nacional: sistema unicameral (Majlis Al-Shaab ou asemblea do pobo). Sistema electoral: sufraxio universal directo. Xefe do Estado: o presidente, nomeado por maioría de dous terzos da asemblea e elixido por referendo. O goberno nacional: consello de ministros, presidido polo primeiro ministro. Principais partidos políticos: o partido Nacional Demócrata, o partido Socialista Laboral, o partido Socialista Liberal, New Wafd, o partido Nacional Progresista Unionista.
Aínda que aparentemente o poder organízase baixo un sistema multipartidista, na práctica por máis de cincuenta anos o presidente elixiuse en eleccións cun só candidato. Exipto tamén celebra eleccións parlamentarias multipartidistas de xeito regular.
En febreiro de 2005 o entón presidente Hosni Mubarak anunciou a reforma da lei para a elección presidencial, de maneira que nas eleccións de 2010 houbo varios candidatos, por primeira vez desde 1952, e limítase o mandato a sete anos con só dúas lexislaturas.
Subdivisións
Exipto está dividido en 27 gobernacións ou provincias (muhafazah; en singular muhafazat).
En orde alfabética son: miniatura|220x220px|Mapa das gobernaturas exipcias. Gobernación Capital Localización Gobernación Capital Localización Alexandría (1) Alexandría Delta Luxor (27)Luxor Alto Exipto Asiut (2)Asiut Alto Exipto Matrú (14)Marsá Matrú Oeste Asuán (3)Asuán Alto Exipto Mar Vermello (22)Hurgada Mar Vermello Behera (4)Damanhur Delta Menia (15)Menia Alto Exipto Beni Suef (5)Beni Suef Alto Exipto Menufia (19)Shibin o-Kom Delta Caliubia (6)Banha Baixo Exipto Novo Val (14)Jarga Oeste Dakahlia (7)Mansura Baixo Exipto Porto Saíd (20)Porto Saíd Canal Damieta (8) Damieta Delta Quina (25)Quina Alto Exipto O Cairo (9)O Cairo Centro Sharkia (15)Zaqaziq Baixo Exipto Fayún (10)Fayún Alto Egpto Sinaí do Norte (26)O Arish Sinaí Gharbia (11)Tanta Baixo Exipto Sinaí do Sur (22)O-Tor Sinaí Guiza (12)Giza Alto Exipto Suez (16)Suez Canal Ismailia (13)Ismailia Canal Suhag (27)Suhag Alto Exipto Kafr el Sheij (23)Kafr el Sheij Baixo Exipto
Xeografía
O río principal é o Nilo, que atravesa o país correndo do sur ó norte, desembocando no delta do Nilo sobre o mar Mediterráneo. Un dos brazos do delta chega á milenaria cidade de Alexandría, fundada por Alexandre Magno.
Alén da capital, O Cairo, as outras cidades importantes de Exipto son Alexandría, al-Mansurah, Asuán, Asyut, El-Mahalla El-Kubra, Gizé, Hurghada, Luxor, Kom Ombo, Port Safaga, Porto Said, Sharn el Sheikh, Shubra-El-Khema, Suez e Zagazig.
Exipto inclúe partes do deserto do Sáhara e do deserto Libio, onde existen algúns oasis, como o oasis de Bahariya, o de Dakhleh, o de Farafra, o de Kharga e o de Siwa.
Exipto fai fronteira con Libia polo oeste, Sudán ó sur e Israel ó nordés. O país controla a canle de Suez, que liga o Mediterráneo ao mar Vermello.
O papel importante que Exipto desempeña na xeopolítica vén da súa posición estratéxica como ponte terrestre entre África e mais Asia, e como ponte de pasaxe entre o Mediterráneo e o océano Índico.
Economía
Exipto ten un PIB de aproximadamente 200.000 millóns de dólares, segundo o método Paridade de Poder de Compra (PPP). A riqueza de Exipto, desde a máis remota antigüidade, baséase na agricultura, e os campos fertilizábanse co limo das enchentes anuais do Nilo. As reformas agrícolas de 1952 e 1961 e a construción da presa de Asuán, provocaron unha revolución agrícola que aumentou a produción, pero trouxo múltiples problemas: Ao fertilizarse con produtos químicos e non polas enchentes do río, estase afectando o equilibrio biolóxico da zona, producíndose unha salinización do chan e aparecendo novos parasitos. O cultivo de maior importancia é o algodón.