Camariñas é un concello da provincia da Coruña, encravado na Costa da Morte e pertencente á comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2014 tiña 5774 habitantes (6226 no 2010, 6323 no 2006, 6467 no 2005, 6502 no 2004, 6597 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é ou .
Xeografía
Demografía Censo total 2014 5774 habitantes Menores de 15 anos 613 (10,62 %) Entre 15 e 64 anos 3612 (62,56 %) Maiores de 65 anos 1549 (26,83 %)
Cultura
Toponimia Camariñas pode tratarse dun fitónimo procedente da camariña, arbusto que medraba no areal de Camariñas e que antano tiña difusión por toda a franxa atlántica de Iberia. Tamén lle deu nome á vila da Pobra do Caramiñal. Agora esta planta medra unicamente en escasos lugares, coma nos Azores, Punta Umbría en Andalucía, e abundantemente no areal de Trece (Camariñas), o corazón da Costa da Morte.
Así e todo, non se pode descartar que se trate dun diminutivo do latín CAMĂRA, semellante a outros lugares coma A Camariña (Alfoz do Castrodouro, Lugo) ou os asturianos Cámaras, Camarín, Camarina, Camarón etc.
Patrimonio
Patrimonio arquitectónico No quebraondas do pobo de Camelle o alemán Manfred Gnädinger creou unha casa-escultura que, decorada coas súas obras artísticas e que reflectía a súa relación co mar. Tras o falecemento do artista (relacionado coa contaminación deixada polo chapapote vertido polo petroleiro Prestige), unha Fundación coida o seu legado
O porto de Camariñas tamén é punto final da 5º etapa e principio da 6º do Camiño dos Faros.
Patrimonio cultural Son célebres os encaixes de Camariñas.
Camariñas na cultura popular galega O nome da vila é mencionado en ditos como: Camariñas, Camariñas,/ El-Rei te quixo vender,/ o que merque Camariñas/ moito diñeiro ha de ter Xosé Filgueira Valverde: Segundo Adral, Ediciós do Castro, Sada 1981, 254.. Nosa Señora da Barca/ ten uns zapatiños brancos,/ as mozas de Camariñas/ vanllos ver os días santos Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 183. Camariñas é o título dunha cantiga popular galega que foi cantada, entre outros por Rosa Cedrón, Luz Casal con Luar na Lubre, e a escocesa Julie Fowlis, nunha versión coa orquestra da BBC que combina as linguas galega e a gaélica de Escocia.
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Camariñas Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Camariñas vexa: Lugares de Camariñas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Camiño dos Faros
Ligazóns externas www.camarinas.net
Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía