A Editorial Galaxia é unha editorial galega fundada en 1950 e radicada en Vigo. O seu presidente é Antón Vidal Andión."Antón Vidal Andión, novo presidente de Galaxia" Atlántico Diario, 27/3/15.

Historia

dereita|miniatura|Acción de Editorial Galaxia, 1955. miniatura|dereita|Stand da editorial no CulturGal 2010. Rematada a guerra civil española apenas se publicaron libros en Galiza e moito menos en galego. A edición, igual que a resistencia política e cultural, desenvolveuse neste período principalmente en América (México, Uruguai, Arxentina), arredor de figuras como Castelao, Manuel Puente, Arturo Cuadrado ou Luís Seoane, auténticos motores da produción editorial no exilio. En 1949 publicouse en Pontevedra a colección de poesía Benito Soto, promovida por Sabino Torres, Manuel Cuña Novás, Emilio Álvarez Negreira e Celso Emilio Ferreiro. Polas mesmas datas saíron os primeiros títulos de Bibliófilos Gallegos, e mais a Editorial Monterrey, da man de Luís Viñas Cortegoso e Xosé María Álvarez Blázquez, orientada maiormente cara á edición de bibliofilia. Un dos antecedentes de Galaxia foi a fundación en 1946 de SEPT. O proxecto Galaxia consolidouse, de entre todas elas, como o máis estábel e o de máis continuidade, e constituíu a referencia obrigada do rexurdimento da actividade intelectual na Galiza interior. O Partido Galeguista do interior considerou que había que aproveitar as escasas posibilidades que ofrecía o franquismo para desenvolver a lingua e literatura galega e o propio pensamento galeguista, en aberta contradición do galeguismo do exilio.

As primeiras emisións de accións son de novembro de 1949, subscritas por Xosé María Álvarez Blázquez, Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla Couto, José Luís Fontenla e outros. No mes de decembro fíxose unha segunda quenda ata conseguir preto dos 300 socios. O 25 de xullo de 1950 celebrouse no mesón do hotel Compostela, en Santiago de Compostela, a asemblea fundacional da Editorial Galaxia. Presidida por Ramón Otero Pedrayo, o Patriarca das Letras, e coa presenza de personalidades senlleiras do galeguismo, como Manuel Gómez Román, secretario do Partido Galeguista. A dirección estaba constituída por Otero Pedrayo (Presidente), Gómez Román (Vicepresidente), Xesús Ferro Couselo (vogal), Xaime Isla Couto (Conselleiro delegado) e F. Fernández del Riego (Secretario), aos que se engadirían os vogais Sebastián Martínez-Risco e Antonio Fernández López. Na Comisión Executiva estaban Isla Couto, Fernández del Riego, Viñas Cortegoso, Ricardo García Suárez, Emilio Álvarez Blázquez, Antón Beiras, Rufo Pérez e Xosé Meixide. Como asesor literario nomeouse a Ramón Piñeiro e como asesor artístico a Carlos Maside, pronto substituído por Xohán Ledo. O Consello Técnico Asesor foi presidido por Álvaro Gil, con Ramón Cabanillas de secretario e Xosé Ramón Fernández-Oxea de vicesecretario.

A Editorial Galaxia converteuse no núcleo principal da resistencia cultural e política do galeguismo, obrigado á clandestinidade e ao exilio despois da guerra civil. Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla Couto e Ramón Piñeiro foron as tres personalidades que desde o primeiro momento orientaron a editorial, comprometida coa recuperación da lingua e da cultura galega, nos tempos difíciles da ditadura.

Tampouco se pode entender o proxecto de Galaxia sen a axuda económica da diáspora, do exilio e a emigración da Arxentina e o Uruguai, especialmente para manter a Revista de Economía de Galicia (desde 1958, con 165 números ata 1968). Tamén houbo achegas significativas como Álvaro Gil ou Sixto Seco.

O primeiro libro publicado por Galaxia foi Antífona da cantiga, de Ramón Cabanillas, que saíu do prelo en abril de 1951. E o segundo Por os vieiros da saudade, de Otero Pedrayo. O seu primeiro éxito de vendas foi unha nova edición da Guía de Galicia de Otero Pedrayo (1954).

miniatura|170px|Nº 1 de Grial, 1963.

A resistencia galeguista deseñou daquela un programa de acción cultural e política que frutificou sobre todo nas seguintes xeracións. Máis de medio século despois, os seus catálogos son referencia obrigada do libro e a creación galega do noso tempo.

Na colección Illa Nova (1957), pensada para dar cabida aos escritores novos, publicáronse as obras máis representativas da coñecida como a nova narrativa galega que renovou a narrativa galega de posguerra.Dolores Vilavedra, Historia da literatura galega, Galaxia, 1999. páx. 253-255

Outra das súas liñas foi o estudo sistemático do galego xa que a lingua converteuse na principal preocupación de Galaxia. Será a editorial que abandeire a cuestión lingüística e faga o intento de rematar coa anarquía ortográfica e propoñer unhas normas tácitas que se coñecen como "normativa Galaxia".

O por que do nome:

Tres son as fundacións creadas por Galaxia: Fundación Penzol, Fundación Otero Pedrayo e Fundación Isla Couto.

Presidentes do Consello de Administración Ocuparon o cargo: Ramón Otero Pedrayo (1950-1976) Domingo García-Sabell (1976-1980) Marino Dónega (1980-1996) Xaime Isla Couto (1996-2012) Benxamín Casal Vila (2012-2013) Antón Vidal Andión (dende 2015)

Directores

Francisco Fernández del Riego Ramón Piñeiro Carlos Casares (1986-2002) Víctor F. Freixanes (2002-2016) Francisco Castro (2016-2023) Xosé Manuel Soutullo (2023-2026) Marcos Calveiro (2026-)

miniatura|175px|Diciopedia do século 21.

Características A oferta de Galaxia ten carácter xeneralista, como corresponde a unha editorial que, seguindo aos seus principios fundamentais, tenta manter activo o proceso de modernización da sociedade lectora, incorporando temas, xéneros, novas propostas e novas liñas de traballo e investigación. O seu proxecto concrétase en coleccións de clásicos, traducións de grandes autores da literatura universal, poesía, ensaio, guías de lecer e temáticas ambientais, libros de viaxes, literatura infantil e xuvenil, gastronomía...; e resumindo, atinxe dende a creación literaria e o pensamento á didáctica e os materiais de referencia escolar, como manuais, dicionarios etc.

Entre outras coleccións da editora pódense sinalar:

Colección Illa Nova Colección Árbore Colección Costa Oeste Colección Dombate (poesía) Colección Letras Galegas Biblioteca Básica da Cultura Galega Bibliotecas de Filgueira Valverde, Neira Vilas, Otero Pedrayo, Rafael Dieste, Ramón Piñeiro, Rei Ballesteros, Sherlock Holmes, Agatha Christie, Carlos Casares, Antonio Fraguas... Biblioteca de Teatro Biblioteca Compostela de Narrativa Europea

A Editorial Galaxia ten publicados uns 2.800 títulos,Entrevista a Antón Vidal Andión en Galicia por diante (Radio Galega) o 22/04/2015 as 09:28. dos cales a metade xa están descatalogados. O catálogo histórico consta de máis de 4.000 títulos e un fondo de mercado en 2020 duns 1.800. Desde 1963 edita trimestralmente Grial. Revista galega de cultura.

Desde 2000 publica a novela gañadora do Premio García Barros, desde 2017 promove o Premio de narrativa Illa Nova. En 2014 creou o selo Mar Maior para promover a cultura galega no exterior.

Premios A editorial recibiu a Medalla de ouro de Galicia en 2008, outorgada polo goberno galegoGalaxia, Medalla de Galicia pola súa contribución á cultura galega , A Nosa Terra, 3/7/08.. En 2010 recibiu tamén o Premio Cultura Galega á Promoción Cultural de Galicia, tamén outorgado pola Xunta de Galicia.

2025: Premio da Cutura Galega en Letras.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Distribución editorial galega Diciopedia do século 21 Biblioteca Básica da Cultura Galega

Ligazóns externas Portal en Internet Ficha na Asociación Galega de Editores