San Martiño de Riobó é unha parroquia do concello da Estrada, composta por 9 entidades de poboación. Segundo o IGE en 2009 tiña 226 persoas (118 homes e 108 mulleres), o que significa unha diminución con respecto a 1986, cando tiña 387 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 250 persoas.

Xeografía Riobó está situado a uns 10 quilómetros da Estrada, na zona do Ulla. Recibe o nome do río que a cruza, o río Boo.

Limita ó norte con Arnois e Oca; ó sur con Ancorados e Remesar; ó leste con Remesar e Oca; e ó oeste con Berres.

Entre as súas vías de comunicación conta coa estrada de Callobre a Ponte Ledesma, e varios camiños rurais, como a ponte de Riobó na Estrada e os pontillóns de Barcia, Portecelo, Lamas entre as Penas e Remesar, e Pardiñeira entre San Martín e Pena.

Patrimonio dereita|miniatura|200px|Ábsida da igrexa. A igrexa de San Martiño de Riobó conserva practicamente íntegra a súa obra románica. A nave, con cuberta de madeira, sufriu unhas reformas no muro sur que deixaron a súa porta tapiada. Os arcos da portada occidental son lisos e ao igual que o tímpano carecen de ornamentación. De ábsida semicircular, conserva da fachada orixinaria románica a entrada composta por dous arcos semicirculares en aresta. O arco exterior apóiase nas xambas e o interior nun par de columnas de fuste monolítico acaroado. Baixo o tellado da sancristía consérvanse parte dos canzorros.A cabeceira divídese en dous tramos, un recto con bóveda de canón e outro curvo con bóveda de cuarto de esfera. Os canzorros situados baixo o beirado do tellado son de temática vexetal, xeométrica e zoomórfica.Igrexa parroquial de San Martiño de Riobó Turismo de Galicia. Xunta de Galicia.

Preto da igrexa de Riobó estivo a torre da Barreira, fortaleza medieval desde a que o arcebispo de Santiago exercía o control sobre a comarca de Tabeirós.

O pazo da Mota é unha antiga casa señorial vencellada a importantes familias da comarca do Deza. Na fronte ten un elegante cruceiro. Ten solaina, ampla balconada, típica cociña de pazo, capela e escudo de armas á entrada. Na horta hai un bo hórreo.

Festas A festa patronal celébrase o 11 de novembro, e tamén se celebra San Blas o 3 de febreiro.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Riobó

Parroquias da Estrada

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares da Estrada

Categoría:Parroquias da Estrada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño