San Pedro de Ancorados é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2009 tiña 279 habitantes (142 mulleres e 137 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 317 habitantes.

Patrimonio A igrexa de San Pedro de Ancoradosv é da segunda metade do século XII. Posúe unha soa nave de ábsida pentagonal e arranques paralelos. A portada principal ten arquivolta tórica semicircular sobre columnas e tímpano esculpido con tres cruces de entrelazos.

A parroquia celebra as festas no día de San Pedro, o 29 de xullo, continuadas ó día seguinte con Santo Antón (aínda que actualmente se trasladou este día ó fin de semana seguinte a San Pedro). Tamén se celebra a festa do Santo Cristo, o domingo anterior ó Corpus Luis Manuel Ferro Pego, no folleto Semana Santa MMXIX, A Estrada 2019..

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de San Pedro de Ancorados

Parroquias da Estrada

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares da Estrada

Categoría:Parroquias da Estrada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro