A arquidiocese de México (en ) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina en México. En 2004 tiña 6.999.402 fieis bautizados sobre unha poboación total de 8.605.239 habitantes. Dende 1995 o seu arcebispo é Norberto Rivera.
Territorio A arquidiocese abrangue por enteiro o Distrito Federal de México. A sé rcebispal é a Cidade de México, onde está a catedral da Asunción da Virxe María. O territorio está dividido en 431 parroquias, agrupadas en 8 vigairías.
Historia A diocese de México foi erixida polo papa Clemente VII coa bula Sacri Apostolorum ministerio do 2 de setembro de 1530, en territorios da diocese de Tlaxcala.
O 11 de agosto de 1536 cedeu parte do seu territorio para erixir a diocese de Michoacán.
O 12 de febreiro de 1546 foi elevada ao rango de arquidiocese metropolitana. Dende entón, ten cedido territorios de xeito sucesivo para erixir as dioceses de Querétaro e Tulancingo e Chilapa (1836), California Inferior (1874), Cuernavaca (1891), Toluca (1950), Tlaxcala (1959), Texcoco (1960), Tula (1961), e Tlalnepantla (1964).
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web oficial Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en Gcatholic.org
Categoría:Arquidioceses da Igrexa católica latina Categoría:Divisións territoriais católicas en México