Santa Mariña de Castrelo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 136 habitantes (73 mulleres e 63 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 147 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 96 habitantes, sendo 51 homes e 45 mulleres.
Topónimo Diminutivo do latín castrum, cidade alta e fortificada.
Patrimonio
Na parroquia está a Torre da Barciela.
Festas Na parroquia celébranse as festas patronais na honra a Santa Mariña e San Roque os días 18 e 19 de xullo. Así como a festa na honra a Santa Bárbara o 4 de decembro e o primeiro domingo de decembro.
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Castrelo
Parroquias de Forcarei
Categoría:Parroquias de Forcarei Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía