Cavia é un xénero da orde dos roedores, suborde dos histricomorfos e infraorde dos histricognatos, que é o tipo da familia dos cavíidos (Caviidae).Cavia no MSW.

Todas as súas especies son propias de Suramérica, e a máis coñecida delas é a cobaia,cobaia no dicionario da RAG. ou coello de Indias,coello de Indias no dicionario da RAG. Cavia porcellus, unha especie doméstica.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito por primeira en 1778 vez polo naturalista alemán Pallas, 1776, que deu como especie tipo a Cavia cobaya, especie que Linneo denominara Mus porcellus en 1758. Sinónimos Ademais de polo nome que lle impuxo Pallas, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos: Anoema F. Cuvier, 1809 Cauia Storr, 1780 Cobaia Aymard, 1854 Cobaya G. Cuvier, 1817 Coiza Billberg, 1828 Mamcaviaus Herrera, 1899 Etimoloxía O nome científico Cavia deriva de cabiai, nome que lle de lle daba á cobaia na lingua das tribos kali'na ou kali'ña, nativas da actual Güiana francesa,cavy, n2 no Oxford English Dictionary. antigamente denominados xenericamente como caribes, aínda que non teñen relación con estes. Cabiai pode ser unha adaptación da çavia do portugués antigo (hoxe savia), nome de dúas especies de ratas espiñentas, que modernamente se denominan sauiá, do tupí saujá.cavy no Merriam-Webster Dictionary Online.

Especies Segundo MSW e mais o SIIT, na actualidade recoñecense dentro do xénero as seguientes 6 especies:Cavia no SIIT. miniatura|240px|Cavia porcellus. Cavia aperea Cavia fulgida Cavia intermedia Cavia magna Cavia porcellus Cavia tschudii

Notas

Véxase tamén

Bibliografía McKenna, Malcolm C. & Susan K. Bell (1997): "Hystricognathi" en Classification of mammals above the species level Nova York: Columbia University Press ISBN 0-231-11012-X. Woods, Charles A. & C. William Kilpatrick, "Hystricognathi" en Wilson, Don E. & DeeAnn M. Reeder, eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed., vol. 2. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Roedores Histricomorfos Histricognatos Cavíidos

Ligazóns externas El Comercio - El cuy de la mar océano, el navegante que vino del África. Revista chilena de historia natural - Diversidad molecular entre cuyes domésticos (Cavia porcellus) y su relación filogenética cercana con la especie silvestre andina Cavia tschudii. Cavia na EOL

Categoría:Roedores