Berri Txarrak (en galego "Malas novas") é un grupo de rock alternativo e nu metal formado en 1994 en Lekunberri, Navarra. Está formado por Gorka Urbizu como voz principal e guitarra, David González no baixo e Galder Izagirre na batería.

É un dos grupos máis recoñecidos do panorama musical vasco a escala internacional. Conta con máis dunha decena de álbums publicados ó longo dos seus máis de 20 anos de traxectoria, de entre os cales destacan Jaio.Musika.Hil publicado en 2005, Payola en 2009 ou Denbora Da Poligrafo Bakarra a finais de 2014.

En decembro de 2018, anunciaron que despois de rematar a súa xira "Ikusi Arte Tour 2019" tomarían un descanso indefinido.

Discografía Maketa - Non comercializada Berri Txarrak - 1997 (GOR Diskak) Ikasten - 1999 (GOR Diskak) Eskuak/Ukabilak - 2001 (GOR Diskak) Libre © - 2003 (GOR Diskak) Jaio.Musika.Hil - 2005 (GOR Diskak) Payola - 2009 (Roadrunner / Only In Dreams) Haria - 2011 (Kaiowas Records / Only In Dreams) Denbora Da Poligrafo Bakarra - 2014 (Only in Dreams) Infrasoinuak - 2017

Álbums en directo Zertarako Amestu - 2007 [DVD] (GOR Diskak)

Recompilatorios Denak ez du balio (SINGLES 1997-2007) (recompilatorio) - 2010 (GOR Diskak)

Participación noutros álbums Nafarroa, hitza dantzan 2001 (GOR Diskak). Navarra, tierra de rock / Rock Lurraldea Tributo a Judas Priest - 2000 (Zero Records) Bisai Berriak - 2002 Nostrat'' - KOP

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de nu metal Categoría:Grupos musicais de post-grunge Categoría:Grupos musicais de Navarra Categoría:Grupos musicais formados en 1994 Categoría:Artistas de Roadrunner Records