miniatura|250px|Microcavia australis. A dos caviinos (Caviinae) é unha subfamilia de mamíferos da orde dos roedores, suborde dos histricomorfos e infraorde dos histricognatos que reúne a todos os membros vivos da familia dos cavíidos, a excepción das maras, a capibara e ás dúas especies do xénero Kerodon.Caviinae en MSW.
Taxonomía Descrición A subfamilia foi descrita por primeira vez en 1817 polo naturalista ruso de orixe saxoa Gotthelf Fischer von Waldheim, en Mem. Soc. Imp. Nat., Moscova, 5: 372.
Controversia Tradicionalmente a subfamilia contiña formas como a cobaia xunto coas especies do xénero Kerodon. Pero os resultados de recentes análises moleculares suxiren que a subfamilia dos Caviinae así definida sería parafilética e que o xénero Kerodon está máis estreitamente relacionado coas maras e a capibara que a outros caviínos.Rowe et al. (2002) Pola súa parte, baseándose na técnica do reloxo molecular, Opazo suxeríu que o xénero Kerodon separouse do xénero Hydrochoerus (capibaras) ao final do mioceno medio.Opazo, J. C. (2005): "A molecular timescale for Caviomorph rodents (Mammalia, Hystricognathi)". Molecular Phylogenetics and Evolution 37: 932-937.
Clasificación Ademais de numerosos xéneros extinguidos, na actualidade recoñécense na subfamilia os seguintes xéneros, especies e subespecies viventes:
Xénero Cavia Cavia aperea C. a. aperea C. a. guianae C. a. hypoleuca C. a. pamparum C. a. patzelti C. a. rosida C. a. fulgida C. a. intermedia C. a. magna Cavia porcellus Cavia tschudii C. t. tschudii C. t. arequipae C. t. festina C. t. osgoodi C. t. sodalis C. t. stolida Xénero Galea Galea flavidens Galea musteloides G. m. musteloides G. m. auceps G. m. demissa G. m. leucoblephara G. m. littoralis Galea spixii G. s. spixii G. s. palustris G. s. wellsi Xénero Microcavia Microcavia australis M. a. australis M. a. maenas M. a. salinia Microcavia niata M. n. niata M. n. pallidior Microcavia shiptoni
Notas
Véxase tamén
Bibliografía McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Rowe, D. L. & R. L. Honeycutt (2002): "Phylogenetic relationships, ecological correlates, and molecular evolution within the Cavioidea (Mammalia, Rodentia)". Molecular Biology and Evolution 19: 263-277. Woods, C. A. & Kilpatrick, C. W. (2005): "Infraorder Hystricognathi". En Wilson, D. E.; Reeder, D. M. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0, pp. 1552–1555.
Outros artigos Roedores Histricomorfos Histricognatos Cavíidos
Ligazóns externas Caviinae na ADW. Caviinae na EOL. Subfamily Caviinae en Foissilwoks.
Categoría:Roedores