ZOO é un grupo musical valenciano en lingua catalá. Nado no 2014 e activo até mediados de 2024, o seu estilo céntrase no rap, o hip hop, o rock e o ska pero tamén mestura ritmos electrónicos. As letras das cancións son políticas.

Xurdiu no 2014 da man de Panxo (Toni Sánchez), exmembro de Orxata Sound System e de Sophy Zoo, grupo de rap en castelán en activo dende 2008.

Discografía Tempestes venen del sud foi o seu primeiro álbum, que contiña "Estiu", e foi producida pola discografía "Propaganda pel fet" e que foi lanzado o 21 de outubro do ano 2014. O segundo disco, Raval, foi lanzado no 2017. Durante o ano 2018, publicaron catro sinxelos máis: Robot, Omertà, Cançons d'ofrena e Karrer de l'amargura (Basque remix). Todos os sinxelos de 2018 foron recompilados no EP EP2K18.

Álbums Tempestes venen del sud (2014) Esbarzers i camins (2016) Raval (2017) EP2K18 (2018) Llepolies (2021)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais formados en 2014 Categoría:Grupos musicais separados en 2024 Categoría:Grupos musicais da Comunidade Valenciana Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais de ska Categoría:Grupos de hip hop de Valencia