Diabo (en latín diabolus, do grego διάβολος, transliteración diábolos, derivado do verbo διαβάλλω, transliteración diabállô, co significado de 'calumniador' ou 'acusador'Online Etymology Dictionary.) é o título máis común atribuído á entidade sobrenatural maligna da tradición cristiá. É tratado coma a representación do mal, na súa forma orixinal dun anxo querubín, responsábel da garda celestial,Libro de Ezequiel 28, 14 que foi expulsado dos Ceos por comezar unha rebelión de anxos contra Deus co obxectivo de tomar o trono.Libro de Isaías 14, 12-15 Ao seu aspecto inda descoñecido, moitas son as tentacións de reproducilo. O máis popular o levaría a ter unha cor vermella, con faccións humanas, mais con cornos, rabo afiado e un tridente na man, para remitir a un cetro. Outro xeito tamén común en canto ao aspecto corresponde á dun ser metade humano, metade bode, co pentagrama invertido inscritos no corpo (imaxe de Bafomet). miniatura|esquerda|Representación do diabo segundo Dante Alighieri.
Anton LaVey, fundador da Igrexa de Satán, non o define como un deus nin un ser pensante, senón unha representación da gran forza que lle dá equilibrio ao universo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Demo Demo (xudaísmo) Mefistófeles
Categoría:Teoloxía