Sir (Philip) Stuart Milner-Barry, nado en Hendon, Londres o 20 de setembro de 1906 e finado en Lewisham, Londres o 25 de marzo de 1995, foi un xogador de xadrez e funcionario público inglés, que tamén foi criptoanalista durante a segunda guerra mundial. Traballou en Bletchley Park e foi director do «Hut 6», unha sección responsable de desencriptar mensaxes que foran cifrados coa máquina Enigma alemá. Foi un dos catro principais descodificadores de Bletchley que asinaron unha influente carta mediante a cal fixeron unha petición directa de máis recursos ó daquela Primeiro Ministro Británico Winston Churchill. Despois da guerra va traballou no Tesouro da Súa Maxestade e posteriormente como administrador do Sistema de Honras Británico. No xadrez, representou a Inglaterra en torneos internacionais e deulle nome a diversas variantes de apertura.
Notas
Categoría:Xadrecistas de Inglaterra Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Xadrecistas do século XX