O referendo de autonomía de Galicia de 1936 celebrouse o 28 de xuño, no que votou o 74,56% do censo electoral (1 343 135 electores inscritos), cunha alta participación para a época. Dos 1 000 963 votos emitidos, 993 351 foron a prol (o 99,24%), 6 161 en contra e 1 451 en branco. miniatura|Cartel de Camilo Díaz Baliño a prol do estatuto.

Detalle dos resultados OpciónVotos%A prol993 35199,24En contra6 1610,76Inválidos/Votos en branco1 451–Total1 000 963100Votantes rexistrados/Participación1 343 13574,56%Fonte: Direct Democracy miniatura|275px|Luís Manteiga nun mitin pro-estatuto o 27/6/1936 en Lugo. Resultados detallados por provincias miniatura|300px|Cabeceira de La Voz de Galicia o 28 de xuño. miniatura|dereita|Ánxel Casal convida os outros alcaldes a acudir ó Congreso o 15 de xullo. + Provincia da CoruñaCenso de electores455 786Votos válidos372 621Afirmativos370 733Negativos1 655En branco223Fonte: (, 2007)

+ Provincia de LugoCenso de electores284 888Votos válidos202 887Afirmativos200 533Negativos1 886En branco575Fonte: (, 2007)

+ Provincia de OurenseCenso de electores265 773Votos válidos181 366Afirmativos179 363Negativos1 661En branco342Fonte: (, 2007)

+ Provincia de PontevedraCenso de electores336 779Votos válidos243 935Afirmativos242 791Negativos959En branco311Fonte: (, 2007) Entrega do Estatuto en Madrid O 15 de xullo de 1936, unha comisión en representación do Comité Central da Autonomía de Galicia entregaba ó Presidente das Cortes, Diego Martínez Barrio, o texto do Estatuto aprobado en referendo. Esta comisión estaba formada por unha nutrida representación de parlamentarios e políticos galegos, entre os que se encontraban Bibiano Fernández Osorio-Tafall e Enrique Rajoy Leloup (representando o Comité), os presidentes das catro xestoras provinciais (en función de Deputacións), os alcaldes das catro capitais de provincia e mailos de Santiago, Vigo, Ferrol e Viveiro e un grupo de deputados galegos da Fronte Popular (Castelao, Elpidio Villaverde, Fernández de la Vega, Ramón Beade, Alfredo Somoza, Celestino Poza, Guiance Pampín etc.).

En calquera caso, o estoupido da Guerra Civil o día 18 rematou brusca e definitivamente o proceso. O estatuto galego nunca chegou a entrar en vigor por mor do triunfo do bando nacional en Galicia tras o Golpe de Estado.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía

, Xavier. (1985). O galeguismo na encrucillada republicana (vol. II). "3.9.3. O triunfo efímero. De Febreiro a Xullo de 1936" Deputación de Ourense (tese de doutoramento). ISBN 84-85858-15-8. , Jorge (17/6/2009). "El «santo pucherazo» en Vigo" La Voz de Galicia . Estatuto de autonomía de Galicia, Enciclopedia Galega Universal, en liña.

Outros artigos Referendo de autonomía de Cataluña de 1931 Referendo de autonomía do País Vasco de 1933 Ligazóns externas "Galizien (Spanien), 4. Juli 1936 : Autonomiestatut" Database and Search Engine for Direct Democracy .

Categoría:Eleccións en Galicia Categoría:1936 en Galicia Categoría:Referendos Categoría:Eleccións celebradas en 1936