Microcavia é un xénero da orde dos roedores, suborde dos histricomorfos, infraorde dos histricognatos, familia dos cavíidos e subfamilia dos caviinos,Microcavia en MSW que comprende tres especies de hábitos terrícolas que viven na América meridional, desde Bolivia até o sur da Arxentina,Patton J. L. et al. (2015). coñecidos na bibliografía internacional como cobaias de montaña.Murray Wrobel, ed. (2007): Elsevier's dictionary of mammals: in Latin, English, German, French and Italian. Amsterdam / Boston / Heidelberg / Londres / Nova York / Oxford / París / San Diego / San Francisco / Singapur / Sydney / Tokyo: Elsevier. ISBN 0-444-51877-0.
Polo menos nove especies fósiles, que se remontan ao plioceno medio, foron rexistradas, aínda que non está claro cantas delas son realmente válidas.
Características As especies do xénero Microcavia son as únicas, dentro da súa familia nas que os seus dentes premolares non medran e substitúen aos orixinais dentes caducos despois de que naza o animal.Tognelli, M. F., Campos, C. M. & Ojeda, R. A. (2001): "Microcavia australis" . Mammalian Species: 648: 1–4.
Trátase de roedores de tamaño mediano, cunha lonxitude de cabeza e tronco de entre os 200 e os 220 mm, e un peso de até os 500 g.Novak (1999).
O seu cranio é curto e arqueado. Os buratos palatinos son grandes, triangulares e situados moi cerca dos dentes mastigadores, que se simplifican na súa forma, dividida en dous lóbulos por unha fendedura. Os incisivos son de cor branca (a diferenza dos dos seus parentes do xénero Cavia, que son amarelos). A súa fórmula dentaria é:3.1.0.1 / 1.0.1.3tanto no maxilar superior coma no inferior; en total, 20 dentes.
O seu aspecto é o típico das cobaias. As partes dorsais son xeralmente de cor parda agrisada, mentres que as inferiores son de cor gris clara. Os ollos son grandes e están rodeados por un anel branco. As extremidades dianteiras teñen catro dedos, e as traseiras tres, todos eles dotados de fortes e afiadas garras. Carecen de cola. As femias teñen dous pares de mamas.
Taxonomía Descrición O xénero Microcavia foi descrito por primeira vez en 1880 polo zoólogo francés Henri Frédéric Paul Gervais e o naturalista arxentino Florentino Ameghino, en Les mammifères fossiles de l'Amérique du Sud.Henri Frédéric Paul Gervais et Florentino Ameghino. Les mammifères fossiles de l'Amérique du Sud. Éditeur F. Savy, 1880. 225 pp.
Sinónimos Ademais de polo nome orixinario que lle deron Gervais e Ameghino, e actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos seguintes sinónimos: Caviella Osgood, 1915 Monticavia Thomas, 1916 Nanocavia Thomas, 1925 miniatura|240px|Lámina de Cavia australis (sinón. de Microcavia australis) por d'Orbigny, 1847. miniatura|240px|Microcavia australis fotografado da provincia de San Juan, Arxentina. Etimoloxía O nome científico do xénero, Microcavia, está formado sobre o do xénero Cavia, co adición do primeiro elemento do latín científico micro-, derivado do correspondente do grego antigo μικρο-, derivado de μικρός mikrós, "pequeno", aludindo á semellanza destes animais coas cobaias, pero de tamaño moito menor.
Clasificación Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes especies e subespecie:Microcavia no SIIT.Microcavis no Catalogue of Life. 26th August 2015.Especies de Microcavia na Lista vermella da UICN. Xénero Microcavia Microcavia australis M. a. australis M. a. maenas M. a. salinia Microcavia niata M. n. niata M. n. pallidior Microcavia shiptoni Porén, o NCBI só recoñece dúas especies:Microcavia no NCBI. Microcavia australis Microcavia niata
Notas
Véxase tamén
Bibliografía McKenna, Malcolm C. & Susan K. Bell (1997): "Hystricognathi" en Classification of mammals above the species level Nova York: Columbia University Press ISBN 0-231-11012-X. Novak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World, 6a edición. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-5789-8. Patton J. L., Pardiňas U. F. J. & D'Elia G. (2015): The Mammals of South America. Volume 2: Rodents. Chicago: The University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-16957-6. Woods, Charles A. & C. William Kilpatrick, "Hystricognathi" en Wilson, Don E. & DeeAnn M. Reeder, eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed., vol. 2. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos Histricomorfos Cavíidos Caviinos
Ligazóns externas Microcavia na ADW. Microcavia na EOL.
Categoría:Roedores