Giuseppe Chierchia, nado en Pompei o 14 de agosto de 1952 e finado o 6 de xullo de 2024, foi un cantautor italiano, coñecido artisticamente como Pino D'Angiò.

Gañou sona por algunhas cancións pop durante a década de 1980. O seu meirande éxito foi a canción "Ma quale idea", grazas ao cal se fixo moi popular tanto en Italia coma no estranxeiro, especialmente nos territorios do Estado español, onde o tema permaneceu no hit parade durante catorce semanas de 1981.

Discografía - ...Balla! (Ri-Fi; LP, 1981) Ti regalo della musica (Ri-Fi; LP, 1982) Una notte maledetta (SGM Records; LP, 1983) Sunshine blue (SGM Records; LP, 1986) Gente sì & gente no (Carosello; LP, 1988) Dancing In Jazz (Carosello; LP, 1989) STS - Siamo tutti stufi (Carosello; LP, 1991) Notte d'amore (Pull; CD, 1997. Como "Pino D'Angiò & Powerfunk") I successi (D.V. More Record; CD, 1999) Ma quale idea? e le altre storie (Carosello; CD, 1999) Lettere a Federico Fellini (Zetazero; CD, 2002) The Only One (Noise & Dreams; CD, 2010)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Nados en 1952 Categoría:Músicos de Italia Categoría:Nados na provincia de Nápoles Categoría:Finados en 2024