A LPSN ou List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature é unha base de datos en liña que mantén e proporciona os nomes correctos (segundo a nomenclatura e taxonomía aceptadas) e información relativa aos procariotas de acordo co Código Internacional de Nomenclatura das Bacterias (ou Código BacteriolóxicoLAPAGE (S.P.), SNEATH (P.H.A.), LESSEL (E.F.), SKERMAN (V.B.D.), SEELIGER (H.P.R.) and CLARK (W.A.): International Code of Nomenclature of Bacteria (1990 Revision). American Society for Microbiology, Washington, D.C., 1992.), revisado desde 1997 ata xuño de 2013 por J. P. Euzéby. Desde xullo de 2013, a LPSN é revisada por Aidan C. Parte.
Na LPSN a taxonomía de bacterias e arqueas é actualizada por medio da revista International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology (IJSB/IJSEM).
LPSN está albergada nos servidores gandi.net localizados en Baltimore, USA.
O sitio web, ademais de manter o rexistro dos nomes taxonómicos actuais dos procariotas, ten varias fontes de referencias que explican os estándares mínimos para a descrición de novos taxons, aclaracións sobre gramática latina e grega e proporciona unha lista exhaustiva de coleccións de cultivos de todo o mundo que se dedican ao campo do cultivo de procariotas e outros.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de inicio da LPSN Páxinas de inicio de Culture Collection in the World
Categoría:Microbioloxía