miniatura|Stephen Harper durante unha visita oficial a México en 2014 Stephen Joseph Harper, nado en Toronto o 30 de abril de 1959, é un político canadense, o 22.º primeiro ministro do Canadá entre 2006 e 2015, e o líder do Partido Conservador dende 2004 até 2015.

Traxectoria

Harper foi un dos membros fundadores do Partido Reformista do Canadá en 1987. Parlamentario polo distrito electoral de Calgary Oeste de 1993 a 1997. Deixou a súa acta para ingresar no grupo de presión conservador Coalición Nacional de Cidadáns que dirixiu de 1998 a 2002.National Citizens Coalition (NCC) "Harper's presidency was a critical period", 11 de maio de 2007 . Cesou no posto para suceder a Stockwell Day como o dirixente da Alianza Canadense (herdeiro do Partido Reformista) e regresou en 2002 ao parlamento por Calgary Suroeste como Líder da Oposición. En 2003, logrou un acordo co dirixente do Partido Conservador Progresista do Canadá, Peter MacKay, para a fusión dos seus dous partidos para formar o Partido Conservador do Canadá, que o elixiu como o seu líder en marzo de 2004.

Tras as eleccións de 2006 Harper converteuse en primeiro ministro dun goberno en minoría, posto que mantivo despois das eleccións de 2008 no que o seu partido logrou unha pequena mellora na porcentaxe do voto popular, aumentando a representación na Cámara dos Comúns do Canadá, con 143 de 308 asentos. En marzo de 2011 disolveuse o parlamento por unha moción de censura.

Nas eleccións Harper logrou formar un goberno en maioría, ao facerse o seu partido con 166 escanos e a maioría absoluta da cámara baixa.Ray Argyle, Turning Points: The Campaigns That Changed Canada – 2011 and Before (2011)

Notas

Categoría:Nados en 1959 Categoría:Primeiros ministros do Canadá Categoría:Nados en Toronto Categoría:Deputados na Cámara dos Comúns do Canadá