Tauranga (en ) é a cidade máis poboada e capital da rexión neozelandesa de Bay of Plenty, na Illa Norte. A zona foi colonizada polos maorís a finais do século XIII e a comezos do século XIX polos europeos. En 1963 foi constituída oficialmente como cidade. Cunha área urbana na que viven 127.700 habitantes (estimación de xuño de 2014), é a sexta cidade de Nova Zelandia por poboación. Tamén é un dos principais centros de negocios, comercio internacional, cultura, moda e horticultura do país. O porto de Tauranga é o meirande de Nova Zelandia en termos de volume de exportacións e eficiencia.
Xeografía Tauranga atópase arredor dun gran porto que se estende ao longo do bordo occidental da baía da abundancia. Está protexida na costa pola illa Matakana e no interior polo xa extinto volcán Mauao
Tauranga é aproximadamente a antípoda da cidade andaluza de Xaén.
Demografía
Clima Tauranga ten un marcado clima oceánico, aínda que tamén pode ser descrito como subtropical por mor do alto grao de humidade nos meses de verán.
Durante o verán a cidade énchese de turistas, principalmente atraídos polas praias de area branca que se atopan entre a vila de Mount Maunganui e Papamoa.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Cidades de Nova Zelandia