O New England Revolution é un club de fútbol estadounidense que xoga na Major League Soccer. É o equipo de fútbol de Boston, no estado de Massachusetts, polo que xoga na conferencia Leste. Os Revs deben o seu nome de Revolution ó forte apoio que se rexistrou na rexión de Nova Inglaterra na Revolución Americana. O único título oficial da franquía e a US Open Cup que gañaron en 2007, e en 5 ocasións o club chegou á finail da MLS Cup pero non conseguiron gañar ningunha .

Historia Inicios O New England Revolution é un dos equipos históricos da MLS na que participa dende 1996 . O primeiro ano de liga o equipo finalizaron a fase regular na quinta praza da conferencia, de cinco equipos, polo que non logrou chegar óss playoffs . Pero o ano seguinte acadaron a súa primeira participación nos playoffs, onde quedaron eliminados nos cuartos de final fronte o D.C. United que conseguiría o campionato. Nos dous anos que restaban para rematar o século na que a liga contou con dúas franquías máis os Revs non conseguiron clasificarse para as roldas eliminatorias.

Comezos do século XXI Os Revs comezaron o século coa súa mellor posición histórica na fase regular, cun segundo posto, aínda que non puideron pasar dos cuartos de final nos playoffs . Ó ano seguinte, chegaron á final da U.S. Open Cup pero perdérona contra ó Los Angeles Galaxy cun gol de ouro de Danny Califf. No ano 2002, conseguiron gañar a conferencia Leste e lograron chegar á súa primeira final da MLS Cup, pero perdérona, de novo, fronte ó Los Angeles Galaxy na prórroga . Tras este subcampionato clasificáronse para xogar a Liga de Campións da CONCACAF ó ano seguinte, pero foron eliminados na primeira rolda. Nos anos 2005, 2006 e 2007 chegaron á final da MLS Cup, pero volveron perder nas tres ocasións primeiro de novo fronte ó Los Angeles Galaxy e nas seguintes dúas ocasións contra ó Houston Dynamo. A MLS Cup de 2006 foi a máis dolorosa xa que foi perdida na rolda de penaltis. Aínda que no 2007 conseguiron o seu primeiro título importante, a U.S. Open Cup fronte ó FC Dallas por 3-2 con goles de Pat Noonan, Taylor Twellman e Wells Thompson. Tras as tres finais consecutivas o equipo de Boston caeu dúas tempadas seguidas na semifinais de conferencia .

A chegada de estrelas internacionais Coa chegada de estrelas internacionais á MLS o equipo sufriu unha mala época, quedando durante tres tempadas consecutivas fora da fase dos playoffs. Non foi até o ano 2013 cando volveu clasificarse para os playoffs, pero caeu nas semifinais de conferencia . Pero o ano seguinte lograron chegar a súa quinta final da MLS Cup pero perderon por terceira vez fronte ó Los Angeles Galaxy.

Xogadores Actualizado a 3 de xullo de 2017 https://www.transfermarkt.com/new-england-revolution/startseite/verein/626https://www.revolutionsoccer.net/players

† ‡

† Xogador cedido polo EA Guingamp.

‡ Xogador cedido polo Hammarby IF.

Xogadores cedidos Zachary Herivaux cedido no San Antonio FC. Matt Turner cedido no Richmond Kickers. Donnie Smith cedido no Charlotte Independence.

Títulos Lamar Hunt U.S. Open Cup : 2007

Récords Xogadores con máis partidos Actualizado a 3 de xullo de 2017 https://www.transfermarkt.com/new-england-revolution/rekordspieler/verein/626 NomePartidos1 Shalrie Joseph 2932 Matt Reis 2873 Chris Tierney 2604 Jay Heaps 2435 Steve Ralston 2096 Lee Nguyen 1947 Kelyn Rowe 1918 Diego Fagúndez 1829 Andy Dorman 17610 Taylor Twellman 174 En grosa os xogadores que aínda seguen no plantél actual

Xogadores con máis goles Actualizado a 3 de xullo de 2017 https://www.transfermarkt.com/new-england-revolution/topTorschuetzen/verein/626 NomePartidosGoles1 Taylor Twellman 174 912 Lee Nguyen 194 493 Pat Noonan 136 434 Shalrie Joseph 293 415 Steve Ralston 209 406 Diego Fagúndez 182 397 Kelyn Rowe 191 338 Juan Agudelo 94 289 Clint Dempsey 80 2610 Andy Dorman 176 20 En grosa os xogadores que aínda seguen no plantél actual.

Notas

Categoría:Equipos da Major League Soccer Categoría:Boston