A fin de semana perdida (en inglés, The Lost Weekend) é un filme do director Billy Wilder que conta a historia dun escritor alcohólico. Foi premiado coa Palma de Ouro no Festival de Cannes de 1946 e co Oscar ao mellor filme na 18ª edición dos Oscar.
Estreouse en galego na TVG o 13 de marzo de 1989.
Argumento O filme narra os feitos que ocorren en seis días, desde o xoves ata o martes.
O escritor alcohólico Don Birnam está preparándose para unha fin de semana de vacacións co seu irmán Wick, que quere obrigalo a deixar a bebida. A moza de Don, Helen, chega para despedirse deles e menciona que ten dúas entradas para un concerto. Don pide a Wyck que a acompañe e mentres el vai a un bar e perde o tren deliberadamente para volver a casa e seguir bebendo.
Personaxes Ray Milland como Don Birnam Jane Wyman como Helen St. James Phillip Terry como Wick Birnam Howard Da Silva como Nat Doris Dowling como Gloria Frank Faylen como 'Bim' Nolan Mary Young como Mrs. Deveridge Anita Bolster como Mrs. Foley Lilian Fontaine como Mrs. St. James Frank Orth como encargado do gardarroupa da ópera Lewis L. Russell como Mr. St. James
Premios Na 18ª edición dos Oscar, A fin de semana perdida gañou catro premios, mellor filme, director, actor e guión. Ademais foi candidato á mellor fotografía, montaxe e música.
O filme compartiu o Grand Prix du Festival International du Film na primeira edición do Festival de Cannes, onde Milland tamén gañou o premio ao mellor actor. Xunto con Marty (1955) son os únicos filmes que gañaron o principal premio en Cannes e nos Óscar.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
The Lost Weekend en filmsite.org The Lost Weekend en Screen Guild Theater: 7 de xaneiro de 1946
Categoría:Filmes de 1945 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Billy Wilder Categoría:Filmes sobre alcoholismo Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1945 con versión en galego