Cantos caucanos é o segundo álbum de estudio do músico galego de folk Rodrigo Romaní. Foi publicado en maio de 2003, polo selo Boa Music.
Baseado na obra de Antón Avilés de Taramancos (no que tamén se baseou o título), todos os temas están compostos por Rodrigo Romaní sobre textos do escritor noiés, salvo o primeiro tema "Foliada da cantiga mareira". Os poemas musicados neste álbum corresponden aos libros O tempo no espello (1982), Cantos caucanos (1985), As torres no ár (1989) e Última fuxida a Harar (1992, póstuma). No mesmo ano de publicación deste disco adicóuselle o Día das Letras Galegas a Avilés de Taramancos.
O disco foi gravado nas Galesas, Albeida (Outes) en marzo de 2003. Foi mesturado en Casa de Tolos (Gondomar).
Lista de cancións
Músicos Rodrigo Romaní: arpa, guitarra, baixo, bouzuki, requinta, ocarina, voz, teclados e programacións) María Arribe: voz Carlos Castro: percusións Xabier Cederrón: violín César Longa: acordeón Xaquín Xesteira: gaitas, percusión, voz Anxo G. Pintos: zanfona Real Filharmonía de Galicia (Maximino Zumalave, director)
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do álbum en folmusica.com Datos do álbum en itunes.apple.com Datos do álbum en culturagalega.gal
Categoría:Álbums musicais de 2003 Categoría:Álbums de Rodrigo Romaní