A dos xenartrosxenartro, 2ª acep., no Gran dicionario Cumio da lingua galega. Vigo, Edicións do Cumio, 2004. ISBN 84-8289-304-1. (Xenarthra) é unha superorde de mamíferos placentarios, presentes no día de hoxe unicamente en América.

A orixe da superorde remóntanse ao inicio do terciario, hai aproximadamente 60 millóns de anos, pouco despois do mesozoico, en continente suramericano. A presenza destes animais en América do Norte explícase polo grande intercambio americano que ocorreu ao final do terciario.Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, p. 338.

A superorde dos xenartros comprende os osos formigueiros (familias dos Cyclopedidae e os Myrmecophagidae), os preguiceiros (familias dos Bradypodidae e os Megalonychidae) e os armadillos (familia dos Dasypodidae).

Controversia taxonómica No século XIX as familias anteriormente mencionadas formaban, xunto cos pangolíns (familia dos Manidae) e o porco formigueiro (familia dos Orycteropodidae), a orde dos desdentados (que non é que non tiveran dentes, senón que non tiñan incisivos superiores nin molares, ou tiñan estes últimos moi pouco desenvolvidos).Xenarthra en The University of Georgia. Museum of Natural History.

A homoxeneidade deste grupo suscitou un debate xa na segunda metade do século XIX e, en 1872, Thomas Huxley desprazou aos pangolíns e os oricteropos a unha orde separada. Pouco despois, en 1889, Edward Cope propuxo o termo Xenarthra para reagrupar os desdentados suramericanos.

Este clado foi confirmado por análises moleculares como polifilético e, en consecuencia, os desdentados foron divididos, para reflectir a súa verdadeira filoxenia, nas ordes dos Pilosa (pilosos), que engloba aos osos formigueiros e os preguiceiros, e o dos Cingulata (cingulados), que comprende os armadillos.Delsuc, Frédéric; Catzteflis, François M.; Stanhope, Michael J. & Douzery, Emmanuel J. P. (2001): "The evolution of armadillos, anteaters and sloths depicted by nuclear and mitochondrial phylogenies: implications for the status of the enigmatic fossil Eurotamandua" . Proc. R. Soc. Lond. B 268: 1476.Murphy, W. J.; Pringle, T. H.; Crider, T. A.; Springer, M. S. & Miller, W. (2007): "Using genomic data to unravel the root of the placental mammal phylogeny". Genome Research 17 (4): 413–421. Resumo.

Etimoloxía O nome científico Xenarthra está formado polos elementos do latín científico xen(o)-, calco do grego antigo ξενο-, derivado de ξένος ‎xénos, "estranxeiro", "estraño", e -arthra, forma plural neutra derivada do grego antigo ἄρθρον ‎árthron, "articulación".Etymology of the Latin word Xenarthra en MyEymology. Literalmente, "os de estrañas articulacións", aludindo ás súas articulacións intervertabrais, que son diferentes das dos outros mamíferos euterios.

Clasificación A superode dos xenartros divídese, como quedou dito, en dúas ordes: a dos cingulados (Cingulata), que inclúe os armadillos, e a dos pilosos (Pilosa), que comprende aos vermilingües (Vermilingua) e os folívoros (Folivora).Superorder Xenarthra en Texas A&M University-Kingsville. Ordes, familias, subfamilias e xéneros actuais miniatura|250px|Dasypus novemcinctus. miniatura|250px|Euphractus sexcinctus. miniatura|250px|Myrmecophaga tridactyla.

Superorde Xenarthra Cope, 1889, segundo o NCBI:Xenarthra no NCBI. Orde Cingulata (Illiger, 1811) Familia Dasypodidae (Gray, 1821) Subfamilia Dasypodinae (Gray, 1821) Xénero Dasypus (Linnaeus, 1758) Subfamilia Euphractinae (Winge, 1923) Xénero Calyptophractus (Fitzinger, 1871) Xénero Chlamyphorus (Harlan, 1825) Xénero Euphractus (Wagler, 1830) Xénero Zaedyus (Ameghino, 1889) Subfamilia Tolypeutinae (Gray, 1865) Xénero Cabassous (McMurtrie, 1831) Xénero Priodontes (Cuvier, 1825) Xénero Tolypeutes (Illiger, 1811) Orde Pilosa (Flower, 1883) Suborde Folivora (Delsuc, Catzeflis, Stanhope & Douzery, 2001) Familia Bradypodidae (Gray, 1821) Xénero Bradypus (Linnaeus, 1758) Familia Megalonychidae (Ameghino, 1889) Xénero Choloepus (Illiger, 1811) Suborde Vermilingua (Illiger, 1811) Familia Cyclopedidae (Pocock, 1924) Xénero Cyclopes (Gray, 1821) Familia Myrmecophagidae (Gray, 1825) Xénero Myrmecophaga (Linnaeus, 1758) Xénero Tamandua (Gray, 1825)

Filoxenia

Segundo Tree of Life, as relacións filoxenéticas dos grupos actuais de xenartros son as seguintes:

Notas

Véxase tamén

Bibliografía McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos Mamíferos Desdentados Cingulados Pilosos Folívoros

Ligazóns externas Xenarthra na ADW. Xenarthra na EOL.

Categoría:Placentarios