Justin Pierre James Trudeau, nado en Ottawa o 25 de decembro de 1971, é un político canadense, primeiro ministro do Canadá desde o 4 de novembro de 2015, que foi o líder do Partido Liberal do Canadá entre abril de 2013 e xaneiro de 2025. O 6 de xaneiro de 2025 declarou publicamente que tamén deixaría o cargo de primeiro ministro após nomeamento dun novo líder do seu partido, e dimitiu o 14 de marzo dese ano.
Traxectoria
Orixes familiares e formación Trudeau é o fillo máis vello de Pierre Trudeau, antigo primeiro ministro, e de Margaret Trudeau. Estudou bacharelato de artes, especialidade literatura na Universidade McGill e bacharelato de educación na Universidade da Columbia Británica.
Carreira profesional e política Traballou como profesor de francés na West Point Grey Academy e na escola secundaria Sir Winston Churchill en Vancouver. En 2008 entrou na Cámara dos Comúns pola circunscrición de Papineau, sendo reelixido en 2011. Converteuse en xefe do seu partido o 14 de abril de 2013 e en primeiro ministro en 2015, substituíndo a Stephen Harper. Dimitiu como primeiro ministro en 2025, sendo substituído por Mark Carney.
Notas
Categoría:Nados en 1971 Categoría:Alumnos da Universidade da Columbia Británica Categoría:Nados en Ottawa Categoría:Deputados na Cámara dos Comúns do Canadá Categoría:Profesores Categoría:Canadenses de ascendencia inglesa Categoría:Canadenses de ascendencia irlandesa Categoría:Canadenses de ascendencia neerlandesa Categoría:Canadenses de ascendencia francesa Categoría:Canadenses de ascendencia indonesia Categoría:Canadenses de ascendencia malaia Categoría:Canadenses de ascendencia portuguesa