Arthur Schnitzler, nado en Viena o 15 de maio de 1862 e finado na mesma cidade o 21 de outubro de 1931, foi un escritor austríaco.

Traxectoria Era médico de profesión. Nas súas obras aparecen temas coma o erotismo, a morte, a psicoloxía (foi admirado por Sigmund Freud) ou a crise social da súa cidade natal. Foi un dos primeiros autores en lingua alemá en empregar a técnica narrativa do monólogo interior.

Algunhas obras famosas do autor son A cacatúa verde, en teatro, ou Fräulein Else, Lieutenant Gustl ou Traumnovelle en narrativa.

Obra traducida A cacatúa verdeFicha da obra na Colección Francisco Pillado Mayor do repositorio da Universidade de Coruña. (Der grüne Kakadu, 1898) A señorita Else (Fräulein Else no título orixinal en alemán; traducida por Rosa Marta Gómez Pato e publicada en 2016 por Hugin e Munin).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Obras de Arthur Schnitzler (eLibrary Projekt – eLib) Schnitzler na Universidade de Friburgo .

Categoría:Nados en 1862 Categoría:Nados en Viena Categoría:Finados en 1931 Categoría:Escritores de Austria Categoría:Escritores en lingua alemá