O carrán escuro (Onychoprion fuscatus, antes Sterna fuscata) é unha especie de ave Charadriiforme da familia Sternidae.

Características A parte ventral e gorxa son brancas, mentres que a parte superior do corpo varía entre o marrón escuro dos xoves ó negro característico dos adultos. É unha especie moi similar ó carrán embridado.

Distribución Cría en illas, costas de mares cálidos e incluso tropicais. Fóra da época de cría, o seu comportamento é fortemente peláxico. É unha ave rara na Europa occidental, e só no verán é posible a observación de individuos divagantes.

Categoría:Estérnidos