Todo sobre Eva (en inglés, All About Eve) é un filme do director Joseph L. Mankiewicz que conta a historia dunha recoñecida mais madura actriz de Broadway, Margo Channing, e a ambiciosa fan Eve Harrington.
Protagonizado por Bette Davis e Anne Baxter tamén lle deu a Marilyn Monroe un dos seus primeiros papeis de importancia.
Emitiuse en galego na TVG o 5 de maio de 2000.
Argumento Nunha entrega de premios, Eve Harrington recibe o premio Sarah Siddons pola súa interpretación en Footsteps on the Ceiling. O crítico teatral Addison DeWitt observa o momento e cunha sarcástica voz en off conta o ascenso de Eve como actriz teatral.
Un ano antes Margo Channing é unha das maiores estrelas do teatro de Broadway, mais acaba de cumprir corenta anos e sabe que supón iso para a súa carreira. Tras unha función, Karen Richards, amiga íntima de Margo, coñece a súa fan Eve Harrington na porta do teatro. Karen lévaa a coñecer a Margo.
Personaxes Bette Davis como Margo Channing Anne Baxter como Eve Harrington George Sanders como Addison DeWitt Celeste Holm como Karen Richards Gary Merrill como Bill Sampson Hugh Marlowe como Lloyd Richards Thelma Ritter como Birdie Gregory Ratoff como Max Fabian Marilyn Monroe como Miss Casswell Barbara Bates como Phoebe
Produción O argumento de Todo sobre Eva procede dunha anécdota que a actriz Elisabeth Bergner contou a Mary Orr e que esta converteu nun relato breve.
Mankiewicz buscaba unha historia sobre unha actriz que estaba a envellecer e tras ler "The Wisdom of Eve", informou a Darryl F. Zanuck que podía combinar as dúas historias, suxerindo a Susan Hayward como protagonista.
Finalmente Hayward foi descartada por Zanuck por ser "demasiado nova", Marlene Dietrich, por ser "demasiado alemá", e Gertrude Lawrence, porque o seu avogado insistiu en que non podía beber nin fumar no filme e que había que modificar o guión para que cantase unha canción.TCM "Notes" on TCM.com Zanuck pensou en Barbara Stanwyck, mais non estaba dispoñible. Tamén foron consideradas Tallulah Bankhead, Ingrid Bergman e Joan Crawford, que xa estaba traballando en The Damned Don't Cry.
O papel foi finalmente para Claudette Colbert, mais sufriu unha lesión grave no lombo e tivo que abandonar ao pouco tempo de comezar a rodaxe. Finalmente foi escollida Bette Davis, que aceptou inmediatamente. Tras contratar a Davis, Mankiewicz revisou o guión para converter a Margo nunha persoa máis abrasiva.
Anne Baxter, que gañara o Oscar á mellor actriz secundaria en 1946 conseguiu o papel de Eve Harrington despois de que a escollida, Jeanne Crain, quedase embarazada.
Crítica e premios Todo sobre Eva recibiu críticas positivas desde a súa estrea en Nova York o 13 de outubro de 1950.Crowther, Bosley. "Movie Review - All About Eve" New York Times (14 de outubro de 1950)Ebert, Roger "All About Eve (1950)" Chicago Sun-Times (11 de xuño de 2000) O seu gran competidor ese ano foi o filme de Billy Wilder Sunset Boulevard.
Na 23ª edición dos Oscar, Todo sobre Eva conseguiu catorce candidaturas, récord que igualou Titanic corenta e sete anos máis tarde.Na 89ª edición dos Oscar, tamén igualou o récord o filme La La Land. Gañou os premios ao mellor filme, director, actor secundario, guión, vestiario e son. Ademais continúa a ser (no 2022) o único filme con catro actrices candidatas ao Óscar.
Gañou tamén o Globo de Ouro ao mellor guión e o BAFTA ao mellor filme. No Festival de Cannes gañou o Gran Premio do Xurado e o premio á mellor actriz para Bette Davis.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Guión en Internet Movie Script Database All About Eve'' en Filmsite.org Información sobre All About Eve All About Eve en Lux Radio Theater: 1 de outubro de 1951 All About Eve en Theater Guild on the Air: 16 de novembro de 1952
Categoría:Filmes de 1950 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Joseph L. Mankiewicz Categoría:Filmes rodados en Connecticut Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1950 con versión en galego