A dos folívoros (Folivora) é unha suborde de mamíferos placentarios, unha das dúas en que se divide a orde dos pilosos,Folivora en MSW. comunmente coñecidos na bibliografía internacional como preguiceiros ou preguizas.Castelán: perezosos; Portugués: preguiças; Catalán: peresosos; Francés: paresseux; Inglés: sloths; Alemán: Faultiere.perezoso. Galician translation: preguiceiro en proz.com

Son animais neotropicais de variado tamaño (de 0,5 m a 1,7 m) endémicos das selvas húmidas de Centro e Suramérica, que se moven pendurados polas súas catro patas das pólas das árbores, e que no solo de desprazan con gran dificultade, aínda que nadan moi ben.Kowalski Kazimierz (1981), pp. 340-341.

As especies actuais poden clasificarse en dous xéneros: os preguiceiros de tres dedos (Bradypus, da familia dos Bradypodidae) e os preguiceiros de dous dedos (Choloepus, da familia dos Megalonychidae), pero coñécense máis de 50 xéneros extintos.

O parecido dos preguiceiros cos primates arborícolas é só aparente, xa que non gardan ningunha relación próxima con estes, o cal é un bo exemplo de evolución converxente.

En realidade, están emparentados cos osos formigueiros e, máis lonxincuamente, cos armadillos, aínda que non teñen armadura.

Características

En marcado contraste cos osos formigueiros, os preguiceiros teñen a cabeza arredondada e a cola curta.

O pescozo ten seis vértebras cervicais nas especies do xénero Choloepus e nove ou dez nas de Bradypus.

Os dentes anteriores están ausentes, e os posteriores son fileiras de protuberancias cilíndricas todas elas aproximadamente iguais e desprovistas de cuberta de esmalte, pero que adquiriron unha superficie trituradora e son de crecemento continuo.

As patas anteriores son máis longas que as posteriores e están provistas de uñas ganchudas para colgarse das ramas. Na cintura escapular, a clavícula articúlase co coracoide, carácter único entre os mamíferos.

Os seus dedos están unidos por tecido conxuntivo e pel, e unicamente sobresaen as fortes garras.

Con frecuencia sobre o seu pelo crecen cianobacterias (Cyanoderma) e algas clorofíceas (Trichophilus), o que lles outorga unha coloración verdosa que contribúe, xunto aos seus lentos movementos, a pasar desapercibidos fronte aos depredadores.

miniatura|240px|Bradypus tridactylus. miniatura|240px|Choloepus hoffmanni.

Ecoloxía Os preguiceiros cualifícanse como folívoros, xa que o groso da súa dieta consiste principalmente en gomos, brotes tenros e follas, principalmente de árbores do xénero Cecropia. Porén, documentouse que algúns comen tamén insectos, pequenos réptiles e aves como suplemento á súa dieta.

Os preguiceiros están completamente adaptados á vida arborícola, desprazándose moi lentamente entre as ramas. Camiñan con moita dificultade sobre o solo. As follas, a súa principal fonte de alimento, subministran moi pouca enerxía e nutrientes, e non as dixiren facilmente. Por esta razón, teñen estómagos de acción lenta, moi grandes e especializados, con múltiples compartimentos nos que habitan bacterias simbióticas que descompoñen as follas duras. A súa dixestión pode durar un mes o máis.

Depredadores Algúns dos seus principais depredadores son o home, as serpes constritoras, en ocasións aves de presa, como a aguia harpía (Harpia harpyja), e o xaguar. Posúen garras moi afiadas que non só lles serven para pendurarse das ramas e apañar o seu sustento, senón tamén como unha efectiva arma de defensa que pode ser extremadamente perigosa para os seus atacantes. Cando deben cruzar un río onde a vexetación non forme pontes aéreas poden nadar con rapidez.

Taxonomía Descrición A suborde dos Folivora foi descrita en 2001 polos biólogos Frédéric Delsuc, François M. Ctzeflis, Michael J. Stanhope e Emmanuel J. P. Douzery.Frédéric Delsuc, François M. Ctzeflis, Michael J. Stanhope & Emmanuel J. P. Douzery (2001): "The evolution of armadillos, anteaters and sloths depicted by nuclear and mitochondrial phylogenies: implications for the status of the enigmatic fossil Eurotamandua" Proceedings of the Royal Society of London B 268 (1476).

Anteriormente, en 1997, McKenna e Bell usaron o nome de Phyllophaga Owen, 1842 para esta suborde.

Etimoloxía O nome científico Folivora está formado pola unión dos elementos do latín científico foli-, da raíz do xenitivo do termo latino folium, -ii, "folla", e -vŏra, plural de -vŏrus, tirado do verbo vorō, ‎vorare, "devorar", "engulir", co sufixo -us, formador de adxectivos. Literalmente: "os comedores de follas".

Clasificación Nota: só se inclúen os xéneros e especies actuais.

Suborde Folivora Delsuc, Catzeflis, Stanhope & Douzery, 2001 Familia Bradypodidae Gray, 1821Bradypodidae en MSW Xénero Bradypus Linnaeus, 1758 Bradypus pygmaeus Anderson & Handley 2001 Bradypus torquatus Illiger, 1811 Bradypus tridactylus Linnaeus, 1758 Bradypus variegatus Schinz, 1825 Familia Megalonychidae Ameghino, 1889Megalonychidae en MSW. Xénero Choloepus Illiger, 1811 Choloepus didactylus Linnaeus, 1758 Choloepus hoffmanni Peters, 1858

Preguiceiros xigantes Entre o oligoceno e o plistoceno existiron varias familias de preguiceiros terrestres xigantes; eran animais cuadrúpedes coas patas anteriores máis curtas que as posteriores, e provistas de garras. É probábel que fosen practicamente bípedes, agarrando as ramas das árbores e arrincándoas co seu peso. Describíronse cerca de 50 xéneros de preguiceiros terrestres, mostra de que tiveron un grande éxito ecolóxico nos bosques suramericanos.Young, J. Z. (1977).

Megatherium era maior que un elefante; Neomylodon persistiu case até a actualidade; outros xéneros foron Glossotherium, Megalonyx, Mylodon, Paramylodon e Eremotherium. Habitaron en América do Sur e en parte de América do Norte. Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9. McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. Young, J. Z. (1977): La vida de los vertebrados. Barcelona: Editorial Omega. ISBN 84-282-0206-0.

Outros artigos Desdentados Cingulados Pilosos

Ligazóns externas Folivora na ADW. Folivora na EOL.

Categoría:Placentarios