miniatura|240px|dereita|Coche de Al Unser na Indy 500 de 1970. Alfred Unser, nado en Albuquerque (Novo México) o 29 de maio de 1939 e finado en Chama, Novo México, o 9 de decembro de 2021, foi un piloto estadounidense, coñecido no mundo do automobilismo como Al Unser ou Al Unser Sr. Nas 500 Millas de Indianápolis acadou catro vitorias (en 1970, 1971, 1978 e 1987), tres segundos postos e catro terceiros postos, sendo elixido entre os tres pilotos máis importantes da historia da carreira.Al Unser en "The Greatest 33" Tamén gañou tres campionatos da IndyCar (en 1970, 1983 e 1985), a Fórmula 1 norteamericana, cun total de 39 carreiras gañadas.

Co seu irmán Bobby Unser (tres Indy 500, dous campionatos e 35 carreiras gañadas) e o seu fillo Al Unser Jr (dous Indy 500, dous campionatos e 34 carreiras gañadas) forma parte dunha das sagas familiares máis importantes da historia do automobilismo.Unser Racing Museum

Al Unser competiu até 1994, e no ano 1998 pasou a ser membro do Salón Internacional da Fama do Automobilismo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas da carreira deportiva de Al Unser en "Racing-Reference"

Categoría:Pilotos de automobilismo dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Albuquerque Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Finados por cancro