dereita|miniatura|Beatriz Portinari, unha das persoas notorias de nome Beatriz. Beatriz é un nome propio feminino galego. A súa orixe é o latín: Benedictrix ou Beatrix, que significa ‘benaventurada’, ‘portadora de ledicia ou de beatitude’ ou viaxeira. En galego tamén ten o hipocorístico Bea.
En xaneiro de 2023 existían 9.562 mulleres en Galicia co nome Beatriz, cunha media de idade de 44,9 anos.Nome Beatriz na Web do Instituto Galego de Estatística
Santoral Santa Beatriz, mártir cristiá do século III, irmá dos mártires Simplicio e Faustino, cuxos corpos foron deitados no río Tíber. Festividade: 6 de novembro e tamén o 29 de xullo. Santa Beatriz da Silva (Campo Maior, 1424 – Toledo, 1492), nobre portuguesa e santa católica venerada o 17 de agosto e o 1º de setembro.
Non era un nome moi común en Galicia, de feito non existen parroquias baixo esta advocación.
Variantes noutras linguas
Beata (Polaco, sueco) Beate (Alemán, noruegués) Beatha (Irlandés) Beatrica (Croata, eslovaco) Béatrice (Francés) Beatrice (Italiano) Beatričė (Lituano) Beatrijs (Neerlandés) Beatrika (Esloveno) Βεατρίκη (Veatriki) (Grego) Beatris (Inglés) Beatrisa (Alemán) Beatrise (Letón]) Beatriss (Inglés) Beatriu (Catalán) Beatrix (Neerlandés, inglés, alemán, húngaro e latín) Beatriz (Galego, portugués, castelán, asturiano e aragonés)EDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Beatrycze (Polaco) Beitris (Gaélico escocés) Betrys (Galés)
Hipocorísticos: Bea (Neerlandés, inglés, alemán, galego, español) Béa (Francés) Beah (Inglés) Beat (Inglés, polonés) Beatie (Inglés) Bee (Inglés) Beja (Esloveno) Bess (Inglés) Bia (Portugués) Bice (Italiano) Trix (Neerlandés, inglés) Trixi (Inglés, alemán) Trixie (Inglés) Trixy (Inglés)
Persoas Santas Beatriz (mártir) (f. 304), santa romana. Beatriz da Silva, século XV, nobre portuguesa e santa católica.
Realeza e nobreza Raíñas Beatriz de Castela (1242-1303), casada con Afonso III; Beatriz de Castela (1293–1359), casada con Afonso IV; Beatriz dos Países Baixos (1938-), raíña soberana dos Países Baixos; Beatriz de Portugal, nome de varias raíñas entre o século XIV e o XVI. Beatriz de Suabia (1205-1235), raíña castelá.
Nobres Beatriz de Inglaterra, princesa de Inglaterra condesa de Richmond; Beatriz de York, princesa do Reino Unido; Beatriz de Saxe-Coburgo-Gota, infanta de España e duquesa da Galliera; Beatriz do Reino Unido, filla da raíña Vitoria do Reino Unido; Beatriz de Saxe-Coburgo-Gota (1884-1966), filla da raíña Vitoria I de Gran Bretaña. Beatriz de Savoia (1198-1266), filla de Tomé I de Savoia. María Beatriz de Savoia (1943-), filla do rei Humberto II de Italia.
Outros Galegas Beatriz Mato, Barakaldo, 1965, política galega do PPdeG. Beatriz Bascoy Maceiras, A Coruña, 1966, política galega do BNG. Beatriz Gómez, Pontevedra, 1994, nadadora galega. Beatriz Sestayo, Ferrol, 1969, avogada e política galega. Beatriz Serén, Lugo, 1987, actriz galega. Beatriz Dacosta, Cangas, 1967, escritora galega. Beatriz Santana, A Coruña, 1965, actriz, directora e guionista galega. Beatriz Manjón, Ferrol, 1976, xornalista e presentadora galega. Beatriz Hernanz, Pontevedra, 1963, poeta, tradutora e crítica literaria galega. Beatriz García Turnes, Santiago de Compostela, 1973, filóloga e escritora galega. Beatriz Barcia, Ferrol, actriz galega.
Outras Beatriz Batarda, actriz portuguesa; Beatriz Costa, actriz portuguesa; Beatriz Segall, actriz brasileira; Beatriz de Dia, trobadora do século XII Beatriz Adriana (1958-), cantante mexicana. Beatriz Argimón (1961-), escribán e política uruguaia. Beatriz Carvajal (1949-), actriz española. Beatriz de Falkenburg Beatriz Portinari, musa de Dante Alighieri. Beatriz Escudero (1950-), actriz e cantante española. Beatriz Ferrer-Salat (1966-), amazona española. Beatriz Galindo «la Latina» (1465-1534), escritora e humanista española. Beatriz Gimeno (1962), activista LGTB española. Beatriz Gómez Hermosilla (1985), arquiera española. Beatriz Guido (1922-1988), escritora arxentina. Beatriz Luengo (1986-), actriz, cantante e empresaria española. Beatriz Merino (1947-), avogada e política peruana. Beatriz Montañez (1977-), xornalista española. Beatriz Paredes Rangel (1953-), política mexicana. Beatriz Rico (1970-), actriz española. Beatriz Salomón (1953), actriz e vedette arxentina. Beatriz Zamora, artista mexicana Beatriz Zavala Peniche (1957-), política mexicana. Huracán Beatriz (2011)
Literatura Beatriz (século XVI-XVII) personaxe da obra Moito ruído e poucas noces de William Shakespeare (1564-1616). Beatriz, protagonista da obra Dos musas: Laura-Beatriz (1958) do escritor español Nicolás González Ruiz (1897-1967).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega
Categoría:Nomes femininos de orixe latina Categoría:Nomes femininos galegos Categoría:Nomes femininos aragoneses Categoría:Nomes femininos asturianos Categoría:Nomes femininos casteláns Categoría:Nomes femininos portugueses