Gilles Duceppe, nado o 22 de xullo de 1947 en Montreal, é un político quebequés, líder do Bloque Quebequés.

Traxectoria Fillo do actor Jean Duceppe e mais de Hélène Rowley, estudou ciencias políticas na Universidade de Montreal. Foi vicepresidente da Unión Xeral dos Estudantes do Quebec e membro activo do Partido Comunista Obreiro (PCO), que despois considerou un erro de mocidade "Gilles Duceppe, elegant separatist", CBC News. Traballou tamén como negociador para a Confederación de Sindicatos Nacionais(CSN).

En 1990 converteuse no primeiro deputado elixido polo Bloque Quebequés, nunha elección federal parcial na circunscrición de Laurier—Sainte-Marie, en Montreal. Secasí, oficialmente concorreu como independente. Uníndose así ao resto dos deputados desa formación que eran disidentes dos conservadores e dos liberais.

En 1996, o líder do BQ, Lucien Bouchard, cesou no seu posto para participar na política quebequesa liderando o Partido Quebequés. De forma interina Duceppe foi o seu líder ata a elección de Michel Gauthier, que dimitiu en marzo de 1997 e ao que sucedeu Duceppe. Durante un breve período, entre o 16 de xaneiro e o 17 de febreiro de 1996 e de novo do 15 de marzo ao 1 de xuño de 1997, foi o líder da oposición.

Xefe do Bloque Quebequés Logo das eleccións de 1997 o BQ perdeu o seu status de oposición oficial, pasando de 54 a 44 escanos e quedando en terceiro lugar na Cámara dos Comúns por detrás do Partido Reformista do Canadá. miniatura|Gilles Duceppe en 2007 Nas eleccións de 2000 o BQ pasou a 38 parlamentarios. Secasí, un escándalo de corrupción dos liberais durante a administración de Jean Chrétien propulsou o BQ que nas eleccións de 2004 chegou aos 54 escanos. Mais a fusión dos progresistas-conservadores e dos reformistas impediu que Duceppe volvese ser o xefe da oposición.

Logo da desfeita electoral do Partido Quebequés nas eleccións quebequesas do 26 de marzo de 2007 e a marcha do seu líder, André Boisclair, Gilles anunciou o 11 de maio a súa intención de competir pola dirección do PQ, uns minutos antes de Pauline Marois anunciar a súa candidatura , así e todo unhas 30 horas despois anunciou a súa retirada e o seu apoio a Marois. tras a publicación dunha sondaxe de opinión en La Presse que daba o 45% dos apoios a Pauline Marois contra o 21% de Gilles Duceppe, este anunciou que entendera a mensaxe:"Pauline en Quebec e Gilles en Ottawa".

Nas eleccións federais do outono de 2008 Gilles Duceppe conseguiu un bo resultado, aínda que o número de deputados do seu partido baixou a 49.

miniatura|Gilles Duceppe coa súa dona durante a campaña electoral de 2011. Retirada da vida política

As eleccións federais de 2011 puxeron fin ao liderado de Duceppe no BQ, ao quedar reducido a 4 escanos e un forte ascenso do Novo Partido Democrático entre os quebequeses. Derrotado na súa propia circunscrición por Hélène Laverdière, Gilles Duceppe anunciou a súa dimisión

Desde novembro de 2012 foi presidente do consello de administración de DUCEPPE, a compañía teatral que fundara seu pai.

Retorno á vida pública O 10 de xuño de 2015 volveu de novo á política activa como novo xefe do Bloque Quebequés"Gilles Duceppe redeviendra chef du Bloc québécois", La Presse, 9 de xuño de 2015.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Parlamento do Canadá

Categoría:Nados en Montreal Categoría:Nados en 1947 Categoría:Sindicalistas do Canadá Categoría:Deputados na Cámara dos Comúns do Canadá